Uns 4.800 fogares galegos seguían sen luz contra o remate da tarde deste domingo, segundo datos de Unión Fenosa Distribución. As vivendas afectadas polos cortes de subministro roldaron as 200.000 dende o comezo do temporal, o pasado venres.
Fálase
O presidente da xestora do PSOE na Coruña desbota unha moción de censura co PP para desbancar a Marea Atlántica, como suxeriron os conservadores tras a votación da cuestión de confianza. "Evidentemente, non imos apoiar o PP", declarou Florencio Cardador a Radio Coruña.
Así foi a declaración pola que Anticorrupción pide reabrir o caso da 'caixa B' do PP: "Non podo precisar se levei 500, 1.000 ou 2.000 millóns de pesetas", dixo Francisco Correa, presunto líder da Gürtel. Transcrición en eldiario.es
Todo o litoral galego está en alerta laranxa este domingo por vento e ondas de máis de 5 metros. Nas áreas orientais de Lugo e Ourense a alerta é amarela por neve. Meteogalicia debulla os fenómenos adversos no seu boletín de alertas.
Pedro Sánchez continúa a súa campaña cara ás primarias e acusa a xestora do PSOE de deixar o partido "en terra de ninguén".
O galego Alberto Vázquez triunfa nos Goya con senllos premios á mellor longametraxe e á mellor curtametraxe de animación por Psiconautas e Decorado. O realizador debullou o seu traballo nesta entrevista con Praza o pasado verán.
Suspendido o Celta-Real Madrid deste domingo polos danos que o temporal causou no estadio de Balaídos. Así o avanzou o alcalde vigués, Abel Caballero, tras visitar as instalacións afectadas polo mal tempo. Cóntao Faro de Vigo
ÚLTIMA HORA | PP e PSOE votan contra a cuestión de confianza do goberno da Marea Atlántica na Coruña. A información, hoxe en Praza.
Simpatizantes da Marea Atlántica concéntranse ante o pazo de María Pita en apoio do goberno local coruñés antes do debate da moción de confianza ligada aos orzamentos de 2017. O pleno pódese seguir en directo dende esta ligazón.
A petición de Anticorrupción para reabrir o caso da 'caixa B' ensombrece o horizonte xudicial do PP para 2017. Cóntao Pedro Águeda en eldiario.es