Todo o litoral galego está en alerta laranxa este domingo por vento e ondas de máis de 5 metros. Nas áreas orientais de Lugo e Ourense a alerta é amarela por neve. Meteogalicia debulla os fenómenos adversos no seu boletín de alertas.
Fálase
Pedro Sánchez continúa a súa campaña cara ás primarias e acusa a xestora do PSOE de deixar o partido "en terra de ninguén".
O galego Alberto Vázquez triunfa nos Goya con senllos premios á mellor longametraxe e á mellor curtametraxe de animación por Psiconautas e Decorado. O realizador debullou o seu traballo nesta entrevista con Praza o pasado verán.
Suspendido o Celta-Real Madrid deste domingo polos danos que o temporal causou no estadio de Balaídos. Así o avanzou o alcalde vigués, Abel Caballero, tras visitar as instalacións afectadas polo mal tempo. Cóntao Faro de Vigo
ÚLTIMA HORA | PP e PSOE votan contra a cuestión de confianza do goberno da Marea Atlántica na Coruña. A información, hoxe en Praza.
Simpatizantes da Marea Atlántica concéntranse ante o pazo de María Pita en apoio do goberno local coruñés antes do debate da moción de confianza ligada aos orzamentos de 2017. O pleno pódese seguir en directo dende esta ligazón.
A petición de Anticorrupción para reabrir o caso da 'caixa B' ensombrece o horizonte xudicial do PP para 2017. Cóntao Pedro Águeda en eldiario.es
A rede eléctrica segue inzada de incidencias en Galicia por mor do temporal. A última hora da tarde do venres seguían sen luz uns 56.200 clientes de Fenosa, segundo a compañía.
O goberno de San Sadurniño (BNG) pide á FEMP que "deixe sen efecto o recoñecemento póstumo" a Rita Bárberá. "Non é exemplo de municipalismo e de decencia", di o alcalde, Secundino Fernández.
Rescatada toda a tripulación do pesqueiro galego afundido fronte ás costas asturianas, segundo avanza o xornal El Comercio