Un recurso xudicial de Abanca dispara as alarmas entre os preferentistas. A entidade recorre unha sentenza que lle daba a razón a unha compostelá á que lle debían devolver 80.000 euros. As plataformas ameazan con novas mobilizacións.
Fálase
TVE pecha o polémico programa 'Entre todos', que acumulaba unha morea de críticas nos últimos meses.
Feijóo advirte de que "España é unha nación e non rouba a ninguén". O presidente da Xunta reivindica a "caixa única" tras a publicación das balanzas fiscais.
O Celta comezará a Liga ante o Getafe en Balaídos e o Deportivo farao en Granada ante o equipo local a fin de semana do 23-24 de agosto. O primeiro derbi galego xogarase o 24 de setembro en Vigo. Os coruñeses rematan a Liga no Camp Nou ante o Barcelona e os vigueses ante o Espanyol no seu campo.
Urbaser e os traballadores da recollida do lixo en Lugo volverán negociar este venres tras realizar a empresa unha nova proposta. Propón unha suba salarial en liña co IPC pero non retira as medidas disciplinarias abertas.
Galicia, Mellor Sen Touradas convida o Concello de Pontevedra a "marcar unha axenda abolicionista" e chama a cidadanía a manifestarse contra as touradas na cidade o vindeiro 9 de agosto. Mentres, a plataforma Touradas fóra de Pontevedra pide que a Deputación retire as axudas públicas que actualmente lle entrega á feira taurina da Peregrina
O paro descende en 12.600 persoas en Galicia no último trimestre, segundo os datos da EPA. A baixada é inferior á media estatal e o país ten hoxe 6.000 desempregados menos que hai un ano.
O paro baixa en máis de 310.000 persoas non Estado, segundo datos da EPA, que revela que se crearon 402.400 empregos. Máis información, esta mañá en Praza.
A plataforma Vítimas do Alvia 04155 concéntrase hoxe no Obradoiro tras doce meses "de mentiras" e logo de que "ningún responsable dimitise".
Máis de 50 reservistas israelís rexeitan unirse ao exército do seu país para evitar formar parte da "opresión do pobo palestino".