Urbaser e os traballadores da recollida do lixo en Lugo volverán negociar este venres tras realizar a empresa unha nova proposta. Propón unha suba salarial en liña co IPC pero non retira as medidas disciplinarias abertas.
Fálase
Galicia, Mellor Sen Touradas convida o Concello de Pontevedra a "marcar unha axenda abolicionista" e chama a cidadanía a manifestarse contra as touradas na cidade o vindeiro 9 de agosto. Mentres, a plataforma Touradas fóra de Pontevedra pide que a Deputación retire as axudas públicas que actualmente lle entrega á feira taurina da Peregrina
O paro descende en 12.600 persoas en Galicia no último trimestre, segundo os datos da EPA. A baixada é inferior á media estatal e o país ten hoxe 6.000 desempregados menos que hai un ano.
O paro baixa en máis de 310.000 persoas non Estado, segundo datos da EPA, que revela que se crearon 402.400 empregos. Máis información, esta mañá en Praza.
A plataforma Vítimas do Alvia 04155 concéntrase hoxe no Obradoiro tras doce meses "de mentiras" e logo de que "ningún responsable dimitise".
Máis de 50 reservistas israelís rexeitan unirse ao exército do seu país para evitar formar parte da "opresión do pobo palestino".
A ONU apunta que Israel "está a cometer crimes de guerra en Gaza". A Alta Comisionada das Nacións Unidas repara no alto prezo que pagan os máis pequenos.
O Supremo envía a Carlos Fabra á cadea. O alto tribunal confirma a condena da Audiencia Provincial de Castelló.
As balanzas fiscais publicadas este mércores polo Ministerio de Facenda sinalan que Madrid, Catalunya, a Comunidade Valenciana e Baleares lle achegan ao Estado máis fondos dos que reciben
A Xunta anuncia un incremento da capacidade computacional do CESGA nun 70%, unha mellora que repercutirá tamén nas universidades galegas e noutros centros de coñecemento, destaca a Consellaría de Economía