Pódese seguir en directo nesta ligazón a xornada que no Parlamento Europeo organizan Verdes/ALE baixo o título Máis alá da reciclaxe: Boas prácticas na xestión de residuos na UE, na que participan organizacións ecoloxistas, expertos en medioambiente e responsables de proxectos de xestión de residuos
Fálase
infoLibre analiza as conexións con paraísos fiscais de Capio, que xestiona en Madrid catro hospitais pagados con cartos públicos.
Este xoves nace infoLibre, o novo xornal dixital, dirixido por Jesús Maraña, que reivindica o xornalismo de calidade e libre de presións.
Un estudo de UGT conclúe que a mala xestión sanitaria na Comunidade Valenciá anticipou a morte de 2.752 persoas entre 2000 e 2009. O informe é moi critico co Modelo Alzira de xestión privada da sanidade pública
Rianxo acolle o 9 de marzo o I Certame Galego de Poesía Erótica Recitada. Os interesados pódense apuntar ese mesmo día, na media hora anterior ao recitado.
Antonio Quero realizará entre hoxe e o sábado tres presentacións en Galicia da iniciativa socialista Rescata la política. Trátase dunha iniciativa de Factoría Democrática, un grupo de militantes e simpatizantes do PSOE, que busca "xerar un amplo debate de ideas de cara á Conferencia Política de outubro de 2013". Este xoves haberá encontros na Coruña, mañá en Pontevedra e o sábado en Ourense.
IU propón gravar as vivendas baleiras dos bancos para que "non lles interese mantelas desocupadas".
Eldiario.es pregúntalle a Elena Valenciano (PSOE), Willy Meyer (IU), Joan Tardá (ERC), Inés Sabanés (Equo) e Xosé Manuel Beiras (Anova) sobre a figura de Hugo Chávez.
A CRTVG responde na súa conta de twitter á nova do peche da web de fans do Xabarin Club. Di que ten que "vixiar a propiedade intelectual dos autores" e afirma que "cada día segue habendo Xabarín na TV"
Centos de milleiros de persoas despiden Hugo Chávez nas rúas de Caracas. O percorrido pódese seguir en directo en Telesur.