Rianxo acolle o 9 de marzo o I Certame Galego de Poesía Erótica Recitada. Os interesados pódense apuntar ese mesmo día, na media hora anterior ao recitado.
Fálase
Antonio Quero realizará entre hoxe e o sábado tres presentacións en Galicia da iniciativa socialista Rescata la política. Trátase dunha iniciativa de Factoría Democrática, un grupo de militantes e simpatizantes do PSOE, que busca "xerar un amplo debate de ideas de cara á Conferencia Política de outubro de 2013". Este xoves haberá encontros na Coruña, mañá en Pontevedra e o sábado en Ourense.
IU propón gravar as vivendas baleiras dos bancos para que "non lles interese mantelas desocupadas".
Eldiario.es pregúntalle a Elena Valenciano (PSOE), Willy Meyer (IU), Joan Tardá (ERC), Inés Sabanés (Equo) e Xosé Manuel Beiras (Anova) sobre a figura de Hugo Chávez.
A CRTVG responde na súa conta de twitter á nova do peche da web de fans do Xabarin Club. Di que ten que "vixiar a propiedade intelectual dos autores" e afirma que "cada día segue habendo Xabarín na TV"
Centos de milleiros de persoas despiden Hugo Chávez nas rúas de Caracas. O percorrido pódese seguir en directo en Telesur.
O presidente de Caritas Europa, Jorge Nuño, advirte nunha entrevista co xornal portugués Público de que "coa austeridade estamos a crear máis pobreza para o futuro"
Morre unha muller mentres esperaba ser atendida en Urxencias do Hospital Xeral de Vigo, segundo conta Europa Press. Fontes do Sergas abriron "unha investigación interna" para coñecer as circunstancias do falecemento.
O barómetro do CIS tamén preguntou sobre a imaxe do profesorado, que empeorou nos últimos anos para a meirande parte dos entrevistados, que tamén consideran que está "pouco motivado". Cúlpase desta situación aos recortes e á "falta de respecto do alumnado".
O Caso Bárcenas converte a corrupción no segundo problema para os españois, segundo o barómetro do CIS do mes de febreiro. Catro de cada dez entrevistados sinálano como un dos tres principais problemas, só por detrás do paro.