O barómetro do CIS tamén preguntou sobre a imaxe do profesorado, que empeorou nos últimos anos para a meirande parte dos entrevistados, que tamén consideran que está "pouco motivado". Cúlpase desta situación aos recortes e á "falta de respecto do alumnado".
Fálase
O Caso Bárcenas converte a corrupción no segundo problema para os españois, segundo o barómetro do CIS do mes de febreiro. Catro de cada dez entrevistados sinálano como un dos tres principais problemas, só por detrás do paro.
O PP denuncia a El País e a Bárcenas e pide medio millón de euros "en concepto de indemnización de danos e prexuízos, que inclúe o dano moral".
O Supremo arquiva a denuncia dun sindicato policial contra Cayo Lara e Alberto Garzón por criticar a brutalidade policial do 25-S. O tribunal proclama que nun Estado democrático de dereito é "indesexable" que o dereito penal actúe como un factor de disuasión da liberdade de expresión
Un home de 50 anos cunha orde de desafiuzamento suicidouse esta mañá tirándose dende un cuarto andar en Bilbao.
O Servizo de Vixilancia Aduaneira regresou esta mañá ao Concello de Santiago por orde do xulgado de instrución número 1 de Lugo, que instrúe o caso Pokémon. Desta volta, os axentes están a descargar información do departamento municipal de informática.
Son moitas as versións do Harlem Shake realizadas en Galicia. Unha das máis recentes e curiosas é a que fixeron en Silleda na queixería artesanal e ecolóxica Cortes de Muar
Vén de abrir unha páxina que contabiliza os días, horas, minutos e segundos que a AGADIC leva sen dirección. Van case 132 días e na web convídase a facer apostas sobre canto tempo máis se manterá esta situación.
Ao fío da morte de Chávez, Microsiervos fala da web Deathlist, un activo foro no que se comenta e especula cos persoeiros públicos que falecerán nos vindeiros meses.
A derruba das accións de Pescanova castiga milleiros de investidores que non son conscientes da situación. Os títulos da emrpesa galega están presentes en carteiras de 170 institucións, segundo conta Expansión.