Balears vive hoxe a primeira xornada de folga indefinida de docentes contra o decreto que reduce a presenza do catalán nas aulas. As centrais sindicais cifran o seguimento no 90% e o Govern insular déixao por baixo do 30%. Cóntao Diario de Mallorca.
Fálase
Antoni Domènech, Daniel Raventós e G. Buster analizan en Sin Permiso a evolución do proceso soberanista catalán. Critican que "o suposto nacionalismo duns e outros é neboa" e salientan que "o que está en xogo é o réxime de 1978, cuxo elo crítico más débil é agora o formidable auxe popular do independentismo en Cataluña". Conclúen que "ogallá os verdadeiros independentistas e a esquerda democrática favorable á autodeterminación sexan capaces de ver claro nesa néboa".
A aldea de Carnota que vén alertando do "acoso" dos incendiarios sufriu esta noite un incendio despois de evitar dous o pasado sábado. (foto: @Carnotan)
Unha foto satélite dá conta da destrución provocada polo incendio no monte Pindo. A imaxe foi difundida pola asociación Monte Pindo Parque Natural.
Polonia vive protestas sociais contra os recortes, e a recentemente aprobada reforma laboral.
O 15 de setembro de 2008 quebrou Lehman Brothers, dando inicio á actual crise económica. Cinco Días analiza a situación actual do sistema financeiro.
Sanidade lanza un programa para enviar pacientes ás súas casas e controlalos telematicamente, para así reducir custes
Rajoy incumpriu a lexislación cando exerceu de rexistrador en Santa Pola, publica infoLibre, ao non residir en Alacante e si en Galicia.
Resultados da terceira división galega de fútbol
Deportivo B 2-1 Bertamiráns
Barbadás 2-2 Arousa
Alondras CF 0 - 2 As Pontes
Boiro 3 - 2 Choco
Rápido de Bouzas 0 - 2 Laracha
Pontevedra 3 - 1 Cultural Areas
Negreira 2 - 2 Grixoa
Betanzos CF 1 - 2 Cerceda
Ordes 2 - 1 Racing Vilalbés
As Somozas 2-0 Dorneda
Mala xornada para os equipos galegos na segunda división. O Deportivo da Coruña perdeu por 0-2 co Sporting de Xixón despois de que o Club Deportivo Lugo caese onte por 1-2 ante o Girona.