A Xunta blinda con fondos públicos o financiamento das empresas do hospital de Vigo. O acordo de concesión compromete o Goberno galego a manter o equilibrio económico da UTE en caso de que os custes da débeda se disparen
Fálase
Activado o protocolo por un posible caso de ébola no hospital da Coruña. O paciente é un mozo de 24 anos. Adiántao a Radio Galega.
O incremento de demandas de cláusulas solo obriga a planificar xuízos en Vigo para 2017. A Comisión Europea pediu que se lles recoñecese o dereito a indemnizacións con carácter retroactivo aos consumidores afectados, en contra do ditado polo Tribunal Supremo.
Ciudadanos non aclara a orixe dos seus ingresos en 2014, en resposta a unha consulta realizada por El Diario.
A Fiscalía pide catro anos de cadea para o maquinista do Alvia e o pagamento dunha indemnización de 43 millóns de euros. Máis información, hoxe en Praza.
TVE propón un debate electoral entre os partidos con grupo propio no actual Congreso e mais Podemos e Ciudadanos. Este debate 'a oito' incluiría a PP, PSOE, IU, UPyD, PNV e o actual grupo de CiU e deixaría fóra formacións actualmente presentes nas Cortes como ERC, Amaiur ou o BNG. Recólleo o Colexio de Xornalistas na súa web.
Junts pel si e CUP rexistran unha iniciativa conxunta para declarar o inicio do "proceso constituínte" catalán. Cóntao Catalunya Plural
Este martes estréase na Seminci de Valladolid o documental Frankenstein-04155, de Aitor Rei, que investiga as causas do accidente ferroviario do Alvia
A disolución da empresa que xestionaba a canteira do Monte Neme dificulta a súa rexeneración. A Xunta asegura que continuará por vía xudicial esixindo a execución dos avais para facer fronte aos custes de recuperación do espazo. A balsa de residuos da antiga canteira rebentou en febreiro de 2014.
A entrevista a Mariano Rajoy en TVE tivo unha audiencia moi reducida: 2.230.000 espectadores e un 11,5% de share, converténdose na entrevista menos vista ao presidente do Goberno.