O iPhone barato de Apple, acusado de violar dereitos laborais. A empresa acumula denuncias polas súas condicións laboraies abusivas nas súas fábricas de produción en China
Fálase
Centos de milleiros de cataláns forman a Via Catalana que une a costa catalá desde Francia até a Comunitat Valenciana para reclamar a independencia. Pódese seguir ao vivo en TV3. Imaxe de @dvmarin.
80 traballadores de T-Solar denunciaron a súa situación ante o Parlamento, reclamando a intervención da Xunta no conflito laboral que viven dende antes do verán e no que están en xogo 200 postos de traballo.
Un investigador presenta en Vigo unha ferramenta para captar imaxes do espazo con resolución extrema. Roberto López deseñou ao abeiro da súa tese de doutoramento o sistema FastCam
Terceiro revés xudicial á privatización sanitaria en Madrid. O TSJM suspende o concurso para xestionar seis hospitais da comunidad
A Xustiza autoriza finalmente a Via Catalana na Comunitat Valenciana. A Subdelegación do Goberno prohibira os actos da Diada que agora autoriza o Tribunal Superior do País Valencià.
Freiremar, cuarta pesqueira de España, acóllese a preconcurso de acredores, segundo anuncia Faro de Vigo.
Unha pingueira no Congreso obriga a suspender até as dez a sesión de control ao Goberno. O hemiciclo leva en obras todo o verán.
El Confidencial desvela que Rajoy xa ten preparada a súa resposta á carta de Artur Mas na que o presidente catalán lle solicitaba que autorizase a celebración dun referendo de autodeterminación. O presidente do Goberno central salientaría nesta resposta escrita que “os límites non poden sobrepasarse”.
The Washington Post amosa nun mapa o informe sobre os países máis e menos felices, no que España é o sexto no que a felicidade diminuíu máis dende o 2007.