Terceiro revés xudicial á privatización sanitaria en Madrid. O TSJM suspende o concurso para xestionar seis hospitais da comunidad
Fálase
A Xustiza autoriza finalmente a Via Catalana na Comunitat Valenciana. A Subdelegación do Goberno prohibira os actos da Diada que agora autoriza o Tribunal Superior do País Valencià.
Freiremar, cuarta pesqueira de España, acóllese a preconcurso de acredores, segundo anuncia Faro de Vigo.
Unha pingueira no Congreso obriga a suspender até as dez a sesión de control ao Goberno. O hemiciclo leva en obras todo o verán.
El Confidencial desvela que Rajoy xa ten preparada a súa resposta á carta de Artur Mas na que o presidente catalán lle solicitaba que autorizase a celebración dun referendo de autodeterminación. O presidente do Goberno central salientaría nesta resposta escrita que “os límites non poden sobrepasarse”.
The Washington Post amosa nun mapa o informe sobre os países máis e menos felices, no que España é o sexto no que a felicidade diminuíu máis dende o 2007.
El Diario lembra que o crowdfunding, que leva máis de dous anos crecendo en España, aínda non dispón dunha lexislación específica que o regule. Alemaña, Reino Unido, Bélxica ou Francia xa avanzaron plans para a súa regulación e Italia xa ten unha lexislación específica.
Apple lanzará os iPhone 5S e 5C o 20 de setembro nos EEUU. Finalmente descarta lanzar un modelo de baixo custe e o iPhone 5C terá un custe de 600 euros libre e 99 con contrato. O novo sistema operativo iOS 7 poderase descargar o 18 de setembro
Este 11 de setembro, Diada nacional de Catalunya, a Cadena Ser publica unha enquisa que afirma que o 52% dos cataláns está a favor da independencia e o 24% está en contra. E o 80% dos cataláns quere que se celebre un referendo. A mesma sondaxe sitúa a ERC como a primeira forza política, por diante de CiU. Ciutadans e ICV superarían a PSC e PP.
Celébranse concentracións contra a intervención militar en Siria convocadas pola Coordinadora Galega pola Paz en varias cidades de Galicia. Na foto, a da Coruña. Imaxe de @eucoruna.