Este 11 de setembro, Diada nacional de Catalunya, a Cadena Ser publica unha enquisa que afirma que o 52% dos cataláns está a favor da independencia e o 24% está en contra. E o 80% dos cataláns quere que se celebre un referendo. A mesma sondaxe sitúa a ERC como a primeira forza política, por diante de CiU. Ciutadans e ICV superarían a PSC e PP.
Fálase
Celébranse concentracións contra a intervención militar en Siria convocadas pola Coordinadora Galega pola Paz en varias cidades de Galicia. Na foto, a da Coruña. Imaxe de @eucoruna.
Sousa pide "perdón" aos accionistas de Pescanova e solicita aos conselleiros saíntes que non se presenten á reelección.
Esquerda Unida denuncia o gasto de 56 millóns de euros no túnel do Parrote e a Mariña na Coruña, "mentres 1200 familias traballadoras coruñesas teñen que recorrer á Cruz Vermella para que os seus rapaces teñan material escolar".
Declarado o nivel 1 no incendio do monte Pedroso, en Compostela, pola súa proximidade ao núcleo de poboación da Cova (foto: @javisuarez__)
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), ironiza con que explicará as vantaxes da "relaxing tapa de calamares in the Leña Square" durante a súa presenza en Munich para presentar, nun certame internacional, o modelo peonil impulsado polo Concello. Cóntao Pontevedra Viva.
O director do FROB confirma no Congreso que pechará a venda de NCG este mes: "está practicamente finalizado o proceso de análise previa á toma da decisión sobre o inicio do posible proceso competitivo, que se prevé poida iniciarse os últimas días do presente mes de setembro".
El Diario analiza as razóns que levaron á prima de risco española a caer por debaixo da italiana por primeira vez nos últimos meses.
Novo incendio en Compostela, desta volta no entorno do monte Pedroso. No lume, visible dende diferentes puntos da cidade, xa están a traballar medios de extinción.
Microsiervos recolle o traballo de Sparks & Honey que especula cos "20 traballos do futuro", dende impresor 3-D, curador personal dixital ou terapeutas en desintoxicación dixital.