Microsiervos recolle o traballo de Sparks & Honey que especula cos "20 traballos do futuro", dende impresor 3-D, curador personal dixital ou terapeutas en desintoxicación dixital.
Fálase
A Coordinadora Galega pola Paz convoca concentracións este martes ás 20.30 horas en protesta polo posible ataque contra Siria. As concentracións celebraranse ante as casas do concello en Compostela, Pontevedra, Ferrol, Lugo e Ourense, ante o consulado norteamericano na Coruña e ante o consulado francés en Vigo.
O blog de Público Principia Marsupia analiza a “pillada” a Kerry que "pode evitar o bombardeo" a Siria. O Congreso de EE UU aprazou a votación sobre o ataque á espera de que Siria cumpra as esixencias apuntadas por Kerry e explicitadas por Rusia e Francia.
O descenso dos salarios en España continúa durante o segundo trimestre. Caen un 0,3% e acumulan nove trimestres consecutivos de recorte. En 2012 o custe por hora retrocedeu un 3,4%.
O BNG abandona o pleno do Parlamento tras impedir a presidenta que a deputada Ana Pontón se referise ao accidente de Angrois durante a comparecencia do conselleiro de Infraestruturas sobre seguridade viaria.
O xuíz imputa cinco responsables de ADIF polo accidente de Angrois, segundo adianta Antena 3. Esta mañá o PP rexeitou investigar a traxedia nunha comisión parlamentaria.
A xuíza Alaya pide a imputación de José Antonio Griñán e Manuel Chaves polo caso dos ERE.
O colectivo Sei o que nos figestes... convoca para este serán en Compostela unha retranqueira conmemoración do Día Nacional de Gibraltar e do aniversario do presidente da Xunta.
Este mércores ás 20.30 horas celebrarase en Compostela unha homenaxe poético-musical a Salvador Allende na rúa que leva o nome do presidente chileno. Está confirmada a presenza de Xosé Constenla, Ramiro Vidal Alvarinho, Concha Rousia, Roberto Sobrado, David Otero, Mónica Camaño, Antón Dobao ou Rosa Enríquez.
Xa se poden escoitar os audios dos relatorios e debates que compuxeron a xornada sobre Cartografías das resistencias: transformacións da praxe política ou as revoltas globais, organizada polo colectivo Proxecto Derriba e a Facultade de Filosofía da USC.