A oficialidade do catalán en Europa, un dos principais obxectivos da visita a Bruxelas do presidente da Generalitat, Artur Mas. En Vilaweb.

A oficialidade do catalán en Europa, un dos principais obxectivos da visita a Bruxelas do presidente da Generalitat, Artur Mas. En Vilaweb.
A ministra de Fomento, Ana Pastor, cuestiona o proxecto de AVE a Ourense. Cóntao El País.
Os traballadores de Alcoa en Sardegna (Cerdeña) están en folga de fame. A multinacional anunciou que esta factoría ía pechar a comezos de abril. A nova é de L'Unione Sarda
Inditex pechou 2011 (o ano fiscal) con case 2.000 millóns de beneficio neto. O grupo que preside Pablo Isla incrementou as vendas nun 10% grazas ao mercado exterior, especialmente ao asiático. Nota de prensa da compañía galega
O caso Lemus (Jesús Ángel Lemus Loarte, investigador en Doñana que durante anos alterou ou inventou datos en decenas de estudos) afecta ao CSIC, segundo francisthemule.
Romney imponse con claridade nas primarias republicanas de Illinois.
A policía francesa rodea nunha casa de Tolouse, despois dun cerco de tres horas, o presunto autor da matanza do pasado luns nun colexio xudeu. Pódese seguir a información en directo en Le Monde.
A Cofradía de Pescadores de Ferrol e o Comité Cidadán de Emerxencia ofrecerán esta tarde unha roda de prensa para informar sobre a súa posición perante o xuízo que se vai desenvolver a partir de mañá contra un grupo de oito mariscadores. Intervirá Nemesio Barxa, avogado defensor
Xa está aberto o prazo para enviar comunicacións ao décimo Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, que terá lugar en Cardiff en setembro
Dentro das mobilizacións previas á folga xeral a CIG realizou este martes a ocupación simbólica de varias entidades financeiras en Vigo, ás que levou a representación simbólica dun banqueiro.