O Poder Xudicial considera "inapropiados e imprudentes" os comentarios do xuíz Vázquez Taín sobre o caso Asunta. Na Cadena SER
Fálase
#consellodaxunta Feijóo proclama o "inicio da recuperación económica" na presentación dos Orzamentos de 2014, que "aseguran a todo risco as prestación sociais, da sanidade e da educación", di.
A Xunta pide "colchóns de peiraos" para os albergues do Xacobeo, no que semella ser unha tradución automática da palabra castelá "muelle", na súa acepción portuaria. (vía @flautado2pies")
Bárcenas recoñece que el mesmo entregaba sobres con diñeiro B a Cospedal. O ex tesoureiro do PP e a número dous do partido enfróntanse nun xuízo civil en Toledo.
O xuíz Vázquez Taín, que instrúe o caso da nena presuntamente asasinada en Santiago, bromea durante unha conferencia sobre o tratamento informativo do presunto asasinato. Cóntao a Cadena SER.
De Cospedal vai hoxe a xuízo contra Luis Bárcenas, a quen denunciou por vulnerar o seu dereito á honra. Cóntao a Cadena SER
O Consello da Xunta aproba esta mañá os Orzamentos para 2014 e envíaos ao Parlamento para iniciar a súa tramitación.
O Goberno central destitúe o responsable policial do caso Bárcenas. En El Diario
A Eurocámara volve atrasar o debate do informe sobre a contaminación das rías galegas. A falta de acordo sobre o contido, o debate queda para novembro, tras un terceiro aprazamento.
O Parlamento vasco insta a Rajoy a que pacte unha consulta en Cataluña. A Cámara apoia o proceso independentista catalán cos votos de Bildu e o PNV.