De Cospedal vai hoxe a xuízo contra Luis Bárcenas, a quen denunciou por vulnerar o seu dereito á honra. Cóntao a Cadena SER
Fálase
O Consello da Xunta aproba esta mañá os Orzamentos para 2014 e envíaos ao Parlamento para iniciar a súa tramitación.
O Goberno central destitúe o responsable policial do caso Bárcenas. En El Diario
A Eurocámara volve atrasar o debate do informe sobre a contaminación das rías galegas. A falta de acordo sobre o contido, o debate queda para novembro, tras un terceiro aprazamento.
O Parlamento vasco insta a Rajoy a que pacte unha consulta en Cataluña. A Cámara apoia o proceso independentista catalán cos votos de Bildu e o PNV.
O PSdeG repróchalle ao PP que non aceptase ningunha das súas propostas no debate de política xeral. Os conservadores argumentan que "era máis fácil pactar co partido de Pachi Vázquez".
A reforma local segue adiante tras rexeitar o PP as emendas á totalidade ao proxecto de lei. Os populares defenden a norma entre as duras críticas de toda a oposición. Máis información, esta tarde en Praza.
Este 17 de outubro lanzouse Ubuntu Touch, un sistema operativo de software libre para ser usado en dispositivos móbiles. De momento é unha versión orientada a fabricantes e compañías telefónicas, pero tamén pode ser instalado por particulares nalgúns smartphones.
O Goberno fará novos recortes cos que pretende un axuste de 4.000 millóns en 2015. É o que asegura no plan de estabilidade remitido a Bruxelas.
O Monte é Noso explica nun argumentado texto "por que non é (legalmente) posible expropiar o Monte Veciñal en Man Común de Cabral para a construción do parque comercial de Porto Cabral"