Os carteiros do centro de Vigo volven o luns ao traballo tras 46 días de folga para esixir o mantemento dos empregos. O cadro de persoal aceptou por escasa marxe -22 votos a favor, 17 en contra e unha abstención- a proposta de Correos.
Fálase
A prima de risco supera os 600 puntos tras pedir o rescate a Comunitat Valenciana. Cóntao El País.
A prima de risco alcanza cotas históricas e xa supera os 593 puntos. Os mercados non dan tregua malia as duras reformas do Goberno de Rajoy.
Novas concentracións de funcionarios en Madrid. O tráfico está cortado en Cibeles por mor das protestas. Imaxe de @XMAres
Os recortes non aplacan os mercados, a prima de risco abre a xornada superando os 580 puntos
Esta mañá a Xunta celebra un Consello extraordinario para aprobar a aplicación dos recortes ao persoal público na Administración autonómica. Non está previsto que o presidente ofreza a habitual comparecencia ante a prensa tras a reunión do Goberno.
En Alemaña un dos seus principais diarios, o Frankffurter Allgemeine, abre a súa portada coa aprobación no Parlamento dese país do rescate aos bancos españois
A nivel de Estado só ABC e La Razón obvian ou critican con dureza a participación nas protestas contra os recortes, acusando á "esquerda" de "axitar as rúas" e censurando ademais a participación nas marchas de persoas do mundo do cinema ou da política
A práctica totalidade dos diarios impresos, tanto en Galicia como no resto do Estado, abren este venres as súas edicións con referencias e fotografías das manifestacións do pasado serán contra os recortes.
Novagalicia anuncia unha solución "inmediata" para as preferentes. Así o comunicou o seu presidente, Castellano, logo dunha reunión co presidente da Xunta, Núñez Feijóo. Bruxelas e o Banco de España autorízanlle a recorrer á arbitraxe.