As protestas veciñais provocan a suspensión do pleno do Concello de Vigo, que ía aprobar os orzamentos. Adiántao Faro de Vigo. Iimaxe de @galizacig.

As protestas veciñais provocan a suspensión do pleno do Concello de Vigo, que ía aprobar os orzamentos. Adiántao Faro de Vigo. Iimaxe de @galizacig.
Sindicatos e Novagalicia Banco volven reunirse esta mañá nas negociacións polo ERE. A xuntanza volverá coincidir cun paro de media hora en todas as oficinas entre 12 e 12.30.
A troika chega a España para comprobar se se cumpren as condicións do rescate bancario. Rehn entrevístase con De Guindos e o MEDE aprobará o pago do segundo tramo de 1.865 millóns.
Sinpermiso entrevista o pensador marxista Leo Panitch sobre a situación da esquerda en Europa no marco na crise da socialdemocracia e a crise económica: "a peor cousa que pode facer a esquerda – especialmente no caso de Syriza– é o que tenderon a facer co PT en Brasil: romantizar a experiencia. Hai que mirar os acontecementos dende o punto de vista das dificultades que terá o partido".
A mugardesa Amada García foi homenaxeada no Castelo de San Felipe no 75 aniversario do seu fusilamento
O ministro de Exteriores, García-Margallo, anuncia o inicio de negociacións con México para que estaleiros galegos constrúan outros 25 buques para Pemex. Hai estrañeza no naval ao declarar o ministro, despois de reunirse con Peña Nieto, que os contratos con Barreras e Navantia "desatascáronse", cando o sector daba por feito que xa o estaban
Fútbol. Terceira División.
Dorneda 1 - 2 Somozas
Celta B 2 - 2 Alondras
Céltiga 2 - 1 Negreira
Barbadás 2 - 1 Rápido de Bouzas
Ordes 2 - 0 Betanzos
Narón 1 - 6 Racing Vilalbés
Pontevedra 0 - 1 Cerceda
Bergantiños 0 - 0 Fabril
Compostela 0 - 1 Racing de Ferrol
As Pontes 1 - 1 Vilalonga
Fútbol. 2ªB. O Coruxo vence 2-0 o Marino e achégase aos postos de promoción. O Ourense cae en Tenerife (1-0), pero mantén cinco puntos sobre os postos de descenso.
Alfonso Rueda defende a decisión de Pilar Rojo de prohibir convidar cidadáns ao Parlamento. Nunha entrevista en Radio Nacional, o conselleiro de Presidencia di estar "totalmente de acordo" coa" titular da Cámara en que non se poden dar escenas como as que vimos ultimamente" no hemiciclo.
Pachi Vázquez anuncia que a militancia escollerá líder por primarias no PSdeG. O secretario xeral dos socialistas espera que a votación se realice "antes do verán" nunha entrevista na Cadena Ser.