Darío Rivas, o impulsor galego da querela arxentina contra o franquismo, tentará entregarlle esta mañá unha carta a Angela Merkel para esixir que a chanceler pida perdón polo apoio alemán ao ditador

Darío Rivas, o impulsor galego da querela arxentina contra o franquismo, tentará entregarlle esta mañá unha carta a Angela Merkel para esixir que a chanceler pida perdón polo apoio alemán ao ditador
O sector mexilloeiro galego valora denunciar as autoridades francesas pola alerta sanitaria que, ao seu xuízo, lanzou contra o produto de Galicia "sen datos" dabondo. Recólleo Galiciaé
As mudanzas no concurso de traslados fan que centos de docentes de Galicia non saiban onde van traballar durante o curso que está a piques de comezar. Cóntao El País
Esta mañá celébrase a xuntanza de traballo de Merkel e Rajoy en Santiago, onde tamén visitarán a Catedral tras o paseo e a cea informal de onte. Ás 11 a CIG, o BNG e outros colectivos chaman a manifestarse contra os recortes na Praza da Quintana. Máis información, hoxe en Praza.
Nas fins de semana de agosto Praza non se actualiza por descanso do persoal. Lémonos o luns, pasádeo ben!
O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, visitará Compostela este sábado para presentar o "decálogo económico para Europa" que che achegará a Rajoy antes da súa xuntanza con Angela Merkel na capital galega. O socialista percorrerá parte do centro de Santiago e comparecerá xunto ao líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.
O departamento de Igualdade do Goberno central evita condenar as declaracións machistas do alcalde de Valladolid "porque este señor non traballa no Ministerio". Cóntao El Diario
A Marea Atlántica da Coruña xunta 200 persoas na #mareacultura, a primeira marea sectorial logo da constitución do primeiro espazo de barrio na Agra do Orzán.
Unha localidade de Palencia homenaxea a Lexión Cóndor, que bombardeou Gernika durante a Guerra Civil e causou centos de mortes. O acto tense previsto realizar este sábado en Aguilar de Campoo.
Francia bótalle a culpa da intoxicación de 70 persoas ao mexillón galego. Pide explicacións a España e emite unha alerta sanitaria.