España recada un 2,7% menos de IRPF, un 9,8% menos de IVE e un 7% menos por carburantes que hai un ano. Máis información en 20Minutos.
Fálase
China rexistrou en febreiro un saldo comercial negativo, isto é: importou máis do que exportou. Os expertos debaten se se trata dun feito conxuntural ou de se revela un cambio de ciclo na economía chinesa, que podería levar a China a devaluar o yuan.
”O Teatro Principal é dos cidadáns ou do Partido Popular?”. Dioivo fala con Leo Bassi
O deputado do BNG Bieito Lobeira amosa un xurelo dende a tribuna do Parlamento para exemplificar o "esperpento" que, di, supón a obrigatoriedade de ter que devolver certas especies ao mar unha vez pescadas por imperativo da Unión Europea. Tras a súa intervención, deixouno no escano do presidente da Xunta ata que unha traballadora da Cámara o retirou.
O retrato oficial de José Bono como ex presidente do Congreso custará 94.000 euros. Cóntao La Información.
O pleno do Parlamento garda un minuto de silencio polo falecemento do brigadista falecido esta tarde mentres traballaba na extinción dun incendio forestal en Ourense.
A manifestación dos traballadores e traballadoras das artes escénicas percorre as rúas de Compostela nestes momentos. Ás reivindicacións anunciadas previamente, centradas na situación económica do sector, uniuse o cese da directora do CDG, Blanca Cendán, o pasado venres. Esta noite, toda a información en Praza e mañá poderedes ver un vídeo da protesta (imaxe via @XCarlosAres)
O Tribunal Superior de Justicia de Madrid autoriza que a manifestación central da folga finalice na Porta do Sol, como pedían UGT e CCOO
Gallardón volve irritar a oposición coas súas valoracións sobre a maternidade. Desta volta, no Senado e asegurando que ter fillos é o que fai ás mulleres "autenticamente mulleres". Na Cadena SER.
Facebook pinta un código QR de 13 metros na azotea das súas oficinas. O código, bastante inútil, cando se escanea dá acceso a unha páxina de fans en Facebook dedicada ao propio código.