O pleno do Parlamento garda un minuto de silencio polo falecemento do brigadista falecido esta tarde mentres traballaba na extinción dun incendio forestal en Ourense.
Fálase
A manifestación dos traballadores e traballadoras das artes escénicas percorre as rúas de Compostela nestes momentos. Ás reivindicacións anunciadas previamente, centradas na situación económica do sector, uniuse o cese da directora do CDG, Blanca Cendán, o pasado venres. Esta noite, toda a información en Praza e mañá poderedes ver un vídeo da protesta (imaxe via @XCarlosAres)
O Tribunal Superior de Justicia de Madrid autoriza que a manifestación central da folga finalice na Porta do Sol, como pedían UGT e CCOO
Gallardón volve irritar a oposición coas súas valoracións sobre a maternidade. Desta volta, no Senado e asegurando que ter fillos é o que fai ás mulleres "autenticamente mulleres". Na Cadena SER.
Facebook pinta un código QR de 13 metros na azotea das súas oficinas. O código, bastante inútil, cando se escanea dá acceso a unha páxina de fans en Facebook dedicada ao propio código.
O TSXG cita a CCOO e UGT para unha vista sobre os servizos mínimos da Xunta logo de que ambos os dous sindicatos solicitasen a suspensión cautelar destes.
Desequilibrio presupostario. O Estado rexistrou ata o mes de febreiro un déficit de 20.668 millóns de euros en termos de contabilidade estatal, equivalente ao 1,94% do PIB, segundo avanzan os datos de execución orzamentaria publicados polo Ministerio de Hacienda
A dirección de Novagalicia Banco insiste en que "o único escenario" que contempla a entidade "no día a día" é o da "continuidade en solitario", ademais de negar que teña constancia do interese de CaixaBank por facerse co banco.
O cómico Leo Bassi responde con retranca a Conde Roa, que asegurou sentir "repugnancia" por el
Desaloxan un grupo de membros de Galiza Nova da tribuna do Parlamento que, durante a comparecencia da titular de Traballo, Beatriz Mato, sobre mocidade, a interromperon con berros de "conselleira, mentireira" ou "queremos traballar e non emigrar". Mato cre que non se deben "escoitar" as súas voces.