O cómico Leo Bassi responde con retranca a Conde Roa, que asegurou sentir "repugnancia" por el
Fálase
Desaloxan un grupo de membros de Galiza Nova da tribuna do Parlamento que, durante a comparecencia da titular de Traballo, Beatriz Mato, sobre mocidade, a interromperon con berros de "conselleira, mentireira" ou "queremos traballar e non emigrar". Mato cre que non se deben "escoitar" as súas voces.
Falece un brigadista mentres tentaba sufocar un incendio de grandes dimensións no concello ourensán de Castrelo do Val. Cóntao El País. Comunicación oficial da Xunta.
Crean unha páxina que recolle un listado de empresas e comercios que decidiron facer folga o 29M. Os promotores desta lista branca afirman que "a única forma de enfrontarnos a este sistema é xerar lazos de solidariedade que reforcen o sentimento de que se queremos cambiar as cousas temos que facelo xunt@s"
O número de execucións aumentou en 2011 en todo o planeta, aínda que diminuíu a cifra de países que aplicaron a pena de morte (20), segundo datos de Amnistía Internacional. AI contabilizou 676 execucións (150 máis que no ano anterior), aínda que non se contan os milleiros de sentencias aplicadas en China, por carecer de datos fiables. Irán (360), Arabia Saudí (82) e Irak (68) encabezan a lista, na que sobrancea tamén Estados Unidos (43), o país desenvolvido con máis mortes.
A Mesa pola Normalización Lingüística, os Comités, a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes convocan folga no ensino para o 19 de abril "contra os ataques ao galego"
O mundo da cultura, da universidade e organizacións sociais de toda Galicia manifestaron o seu apoio á folga xeral do vindeiro 29 de marzo nun acto celebrado no Mupega. Conducido polo actor Cándido Pazó, varias personaxes importantes da cultura galega deron lectura aos apoios recibidos ao paro.
Méndez e Toxo instan o Goberno central a "aproveitar a oportunidade" da folga xeral para modificar unha reforma laboral que definiron como "chapapote" e que supón a "demolición" dos dereitos dos traballadores.
Folga en Iberia. Os pilotos da compañía convocan folga todos os luns e venres desde o 9 de abril ata o 20 de xullo, ambos os dous incluídos. O novo calendario de paros inclúe 28 novas datas e acaba de ser anunciado nunha asemblea na que os pilotos votan o seu apoio á sección sindical.
O BNG leva á UE a suba da luz. O Bloque, a través da súa eurodeputada Ana Miranda, solicita á Comisión Europea que promova o desenvolvemento dunha normativa que evite situacións como a que "obriga aos cidadáns do Estado español a pagar a factura de electricidade máis elevada da Unión Europea", xa que os custes por kilovatio son "moi superiores tanto á media comunitaria como á que pagan cidadáns de países cun nivel de renda e niveis salarias máis altos".