Anonymous filtra as contas do Partido Popular. A contabilidade do PP entre 1990 e 2011 circula pola Rede logo de que un usuario a publicase.
Fálase
O BNG presenta a manifestación do Día da Patria e fai público o cartel. Máis información, nuns minutos en Praza.
O grupo ourensán Marskarpone vence no certame de bandas noveis do festival Revenidas. A formación tocará no festival o xoves 18 e recibirá 300 euros de premio en metálico.
Bruxelas prepara un "rescate brando" para Portugal sen o FMI. A UE estaría negociando con Lisboa unha "liña de crédito de precaución".
A Xunta elimina as subvencións para Protección Civil nas sete cidades galegas, segundo recolle Faro de Vigo
O PAN e o PRI atribúense a vitoria nas principais cidades de México, que veñen de celebrar eleccións municipais
A Xunta disponse a legalizar un gran vertedoiro das obras do AVE no medio dun bosque. Cóntao El País.
Rajoy reclama ante Aznar que non se faga balance do seu mandato ata o final. O ex presidente do Goberno central encoméndalle ao seu sucesor no PP que aplique as receitas fiscais de FAES. En El Diario.
O persoal de T-Solar narra, a través dun blog, as súas reivindicacións e accións para tentar evitar o peche da fábrica ourensá. No seu sexto día de peche explican algúns dos seus obxectivos máis inmediatos.
A Xunta dá por extinguido o lume de Piñor "outros dous no mesmo concello", pero segue sen informar sobre se hai máis incendios noutros puntos de Galicia