Na súa intervención, Pablo Iglesias dirixiuse a Rajoy sinalando que "ata a vostede o escandalizaron prácticas do seu partido en Galicia, onde levan de candidato ao amigo dun narcotraficante". Noutro momento do discurso, enumerando casos de corrupción do PP, o líder de Podemos referiuse tamén a Baltar.
Fálase
En Marea publica un vídeo coa achega de Luís Villares ao debate de investidura: “Vouvos contar un segredo... O PP e Ciudadanos non suman! Que clase de circo é este?"
Mariano Rajoy inicia a súa resposta á dura réplica de Pedro Sánchez, na que o socialista pechou calquera porta á posibilidade de deixar gobernar ao PP. Sánchez criticou a "chantaxe" que supón o calendario fixado para a investidura, que podería levar a unhas terceiras eleccións no 25 de decembro.
Neste momento comeza a intervención de Pedro Sánchez, na segunda xornada da sesión de investidura. Sánchez inicia o seu discurso reiterando o seu non a Rajoy. A votación está prevista para ao redor das 19 horas.
Ordes celebrará este mércores (ás 20 horas) un pleno no que se debaterá a posición do Concello ante o proxecto de construción na parroquia de Lesta dun novo vertedoiro de Sogama. O Goberno local impulsará un consenso unánime en contra desta iniciativa “que non corresponde coa política medioambiental nin co modelo de desenvolvemento económico que queremos para Ordes”. “As nosas prioridades pasan pola preservación e mellora do noso entorno rural”, engade o alcalde José Luis Martínez Sanjurjo
A Xunta e as organizacións sindicais representativas do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais chegaron este martes a un acordo mediante o que se considerará aos traballadores contra incendios como bombeiros forestais, unha petición reiterada deste colectivo
Pedro Sánchez defenderá o non e Pablo Iglesias centrará a súa réplica en Rajoy e insistirá no seu chamamento ao PSOE
Ás nove da mañá comeza a segunda sesión do pleno de investidura, que comezará coas réplicas dos distitntos grupos parlamentarios ao discurso ofrecido onte por Rajoy. que rematará coa primeira votación da semana, na que o candidato necesita obter maioría absoluta para ser investido. De non conseguilo, o venres terá lugar a segunda sesión, rematando cunha votación que só esixe máis sis que nons
A UE adopta, a través do Organismo de Reguladores Europeos de Comunicacións Electrónicas (BEREC), unha serie de directrices para garantir a neutralidade da rede (o principio de que todo o tráfico de Internet debe recibir o mesmo tratamento). A nova foi recibida con entusiasmo polas organizacións sociais que nos últimos anos impulsaron a campaña SavetheInternet.eu que, con todo, alertan da aplicación que se faga destas normas en España.
Rajoy remata o seu discurso de investidura, de pouco máis dunha hora, agradecendo o “respecto” do resto de grupos parlamentarios e deitando neles a responsabilidade “como representantes da soberanía nacional”. A sesión continúa ás 9.00 horas deste mércores coas réplicas dos outros portavoces.