Ás nove da mañá comeza a segunda sesión do pleno de investidura, que comezará coas réplicas dos distitntos grupos parlamentarios ao discurso ofrecido onte por Rajoy. que rematará coa primeira votación da semana, na que o candidato necesita obter maioría absoluta para ser investido. De non conseguilo, o venres terá lugar a segunda sesión, rematando cunha votación que só esixe máis sis que nons
Fálase
A UE adopta, a través do Organismo de Reguladores Europeos de Comunicacións Electrónicas (BEREC), unha serie de directrices para garantir a neutralidade da rede (o principio de que todo o tráfico de Internet debe recibir o mesmo tratamento). A nova foi recibida con entusiasmo polas organizacións sociais que nos últimos anos impulsaron a campaña SavetheInternet.eu que, con todo, alertan da aplicación que se faga destas normas en España.
Rajoy remata o seu discurso de investidura, de pouco máis dunha hora, agradecendo o “respecto” do resto de grupos parlamentarios e deitando neles a responsabilidade “como representantes da soberanía nacional”. A sesión continúa ás 9.00 horas deste mércores coas réplicas dos outros portavoces.
Mariano Rajoy iniciou o seu discurso de investidura pedindo o apoio para a súa candidatura porque "España necesita un goberno con urxencia e non hai alternativa raonable". Podes seguir en directo a sesión.
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) organiza o xoves 8 de setembro na Casa das Campás de Pontevedra un debate electoral en materia de acción exterior coa participación dos candidatos Gonzalo Trenor (PP), David Balsa (PSdeG), Xoán Hermida (En Marea) e Ana Gulías (BNG). O Igadi vén de publicar unha Carta Aberta na que pide a todas as formacións máis implicación coa acción exterior de Galicia.
A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública alerta de que o acordo asinado por PP e Ciudadanos "pode favorecer unha maior privatización” na sanidade e critica que as propostas son "insuficientes e pouco concretas".
Bruxelas acolle a primeira reunión despois das vacacións do verán da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo, na que participa Lidia Senra. Debaterase o orzamento xeral da UE para o exercicio 2017 ou a adopción de medidas contra a volatilidade dos prezos dos mercados agrícolas
Pontevedra mudará o nome da rúa dedicada a Javier Puig, alcalde da cidade e presidente da Deputación provincial entre 1936 e 1938. A proposta, cumprindo a Lei de Memoria Histórica, foi aprobada cos votos favorables de BNG e Marea, a abstención de PSOE e Ciudadanos e os votos contrarios do PP
Curtocircuíto (do 3 ao 9 de outubro) e WOS (do 7 ao 11 de setembro) ofrecerán unha programación conxunta durante a celebración destes dous festivais composteláns, comezando por un espectáculo de balde, este xoves na Praza da Quintana.
Este martes comeza o debate de investidura. Ás 16 horas intervirá Rajoy, deixando as réplicas das distintas forzas para o martes pola mañá.