Mariano Rajoy iniciou o seu discurso de investidura pedindo o apoio para a súa candidatura porque "España necesita un goberno con urxencia e non hai alternativa raonable". Podes seguir en directo a sesión.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/57c59a522b9cf-rajoy-advirtiendo-espana-gobierno-urgencia_ediima20160830_0409_18.jpg)
Mariano Rajoy iniciou o seu discurso de investidura pedindo o apoio para a súa candidatura porque "España necesita un goberno con urxencia e non hai alternativa raonable". Podes seguir en directo a sesión.
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) organiza o xoves 8 de setembro na Casa das Campás de Pontevedra un debate electoral en materia de acción exterior coa participación dos candidatos Gonzalo Trenor (PP), David Balsa (PSdeG), Xoán Hermida (En Marea) e Ana Gulías (BNG). O Igadi vén de publicar unha Carta Aberta na que pide a todas as formacións máis implicación coa acción exterior de Galicia.
A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública alerta de que o acordo asinado por PP e Ciudadanos "pode favorecer unha maior privatización” na sanidade e critica que as propostas son "insuficientes e pouco concretas".
Bruxelas acolle a primeira reunión despois das vacacións do verán da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo, na que participa Lidia Senra. Debaterase o orzamento xeral da UE para o exercicio 2017 ou a adopción de medidas contra a volatilidade dos prezos dos mercados agrícolas
Pontevedra mudará o nome da rúa dedicada a Javier Puig, alcalde da cidade e presidente da Deputación provincial entre 1936 e 1938. A proposta, cumprindo a Lei de Memoria Histórica, foi aprobada cos votos favorables de BNG e Marea, a abstención de PSOE e Ciudadanos e os votos contrarios do PP
Curtocircuíto (do 3 ao 9 de outubro) e WOS (do 7 ao 11 de setembro) ofrecerán unha programación conxunta durante a celebración destes dous festivais composteláns, comezando por un espectáculo de balde, este xoves na Praza da Quintana.
Este martes comeza o debate de investidura. Ás 16 horas intervirá Rajoy, deixando as réplicas das distintas forzas para o martes pola mañá.
A enquisa de Celeste-Tel que publica El Diario non amosa practicamente cambios con respecto ao escenario das eleccións do pasado 26 de xuño. O PP melloraría lixeiramente o seu resultado, con pequenos descensos para os demais partidos. En Marea mantería os seus 5 escanos.
“Estamos a un paso dun golpe de Estado”, di Dilma Roussef no seu discurso de defensa ante o Senado no proceso para apartala da presidencia de Brasil.
Máis de 150 persoeiros do ámbito cultural e social lanzan un manifesto de apoio ao BNG. Xurxo Souto, Quico Cadaval ou Margarita Ledo asinan un texto no que piden o voto para o Bloque e unha "aposta estratéxica pola soberanía".