Este martes comeza o debate de investidura. Ás 16 horas intervirá Rajoy, deixando as réplicas das distintas forzas para o martes pola mañá.
Fálase
A enquisa de Celeste-Tel que publica El Diario non amosa practicamente cambios con respecto ao escenario das eleccións do pasado 26 de xuño. O PP melloraría lixeiramente o seu resultado, con pequenos descensos para os demais partidos. En Marea mantería os seus 5 escanos.
“Estamos a un paso dun golpe de Estado”, di Dilma Roussef no seu discurso de defensa ante o Senado no proceso para apartala da presidencia de Brasil.
Máis de 150 persoeiros do ámbito cultural e social lanzan un manifesto de apoio ao BNG. Xurxo Souto, Quico Cadaval ou Margarita Ledo asinan un texto no que piden o voto para o Bloque e unha "aposta estratéxica pola soberanía".
Villares sinala que "a única coalición" que pode facer Feijoo en Galicia é "coas dinastías baltáricas e cos poderes económicos cos que privatizou a sanidade pública".
Leiceaga promete que, se é elixido presidente, limitará o seu goberno a dúas lexislaturas e non residirá en Monte Pío
As portadas da prensa impresa inciden este luns na "presión" que o acordo PP-Cs exerce sobre o PSOE, que de momento se mantén firme no seu non a Rajoy
A noticia do día segue a ser o acordo acadado por PP e Ciudadanos para a investidura de Rajoy, que polo de agora suma 170 votos, aínda insuficientes para ser presidente.
'Praza Pública' non se actualiza as fins de semana de agosto por descanso do persoal. Volvemos o luns!