La Región, xornal afín a Baltar, segue cargando nas súas portadas contra Núñez Feijoo, denunciando un trato desfavorable para a provincia de Ourense. Desta vez afirma que "A obra pública da Xunta caeu en Ourense un 87% con respecto a 2011"
Fálase
The Guardian especula con que España necesitará un rescate meirande do anunciado. Analiza que non será capaz de pagar os intereses do crédito á banca e á vez o 6,5% a dez anos que está pagando actualmente para financiarse
Esquerda Unida chama a saír á rúa contra o rescate, en coordinación co 15M, os sindicatos e outras organizacións sociais.
Medio millón de seguidores apoian a Chávez en Caracas no acto no que o presidente de Venezuela anuncia oficialmente a súa candidatura á reelección nas eleccións do 7 de outubro
A UMP de Sarkozy dálles liberdade de voto aos seus partidarios para apoiar a Le Pen na segunda volta naquelas circunscricións nas que o FN compite contra a esquerda. Libération titula "O FN racha a dereita"
José María Castellano, presidente de Novagalicia Banco, dilles aos afectados pola estafa das preferentes que a finais de xuño "haberá unha solución". Porén, unha vez máis as alternativas ofrecidas por Castellano limitáronse a proporlles que recorran á arbitraxe, o que xa foi rexeitado.
Unha suposta filtración de fontes comunitarias a Reuters desvelaría as hipotéticas medidas que a UE imporía en caso dunha vitoria da esquerda en Grecia esta fin de semana e unha renegociación do rescate ou a propia saída do país do euro: limitación da retirada de cartos dos caixeiros, control da circulación de capitais e controis fronteirizos.
A meirande parte de grupos do Congreso, dende PSOE até IU, CiU e PNV, solicitan oficialmente a comparecencia de Rajoy. Porén, María Dolores de Cospedal xa adiantou que non se producirá en ningún caso antes do cumio da UE do 28-29 de xuño
Vídeo da presentación en Zaragoza de CT o Cultura de la Transición, Crítica a 35 años de cultura española, o libro colectivo que analiza a cultura española saída do proceso democratizador.
A Comisión Europea aclara que o rescate a España contén "marxe de seguridade". O vicepresidente económico, Olli Rehn, asegura que a axuda de até 100.000 millóns de euros é "unha acción contundente".