A Comisión Europea aclara que o rescate a España contén "marxe de seguridade". O vicepresidente económico, Olli Rehn, asegura que a axuda de até 100.000 millóns de euros é "unha acción contundente".
Fálase
O BNG celebrará mañá dez concentracións contra o rescate bancario. A primeira será ás 19:30 en Ourense (Subdelegación do Goberno), seguirán ás 20:00 na Coruña (Obelisco), Santiago (Cervantes), Ferrol (Praza de España), Pontevedra (Peregrina), Lugo (Subdelegación do Gobenro), Vigo (MARCO) e Vilagarcía (Praza de Galicia). Ás 20:30 comezará a de Burela (Praza da Mariña) e ás 21:00, a da Estrada (Praza do Concello)
Unha senadora do PP propón retirarlles o pasaporte ás mulleres de Marrocos que cheguen a Ceuta embarazadas para así cobrarlles a asistencia sanitaria no caso de que dean a luz na cidade autónoma. En La Información.
Renfe suspende todos os trens entre León e Asturias, ante os cortes provocados polos mineiros.
"Os consumidores españois pagaremos moi caro o rescate", di o presidente de FACUA, que alerta de recortes de dereitos e subas dos impostos indirectos.
Malia o rescate á banca española, o Ibex 35 pecha cunha caída do 0,54% e a prima de risco sitúase arredor dos 520 puntos.
A pasada fin de semana diversos colectivos amosaron o seu rexeitamento á colocación dunha estatua de Manuel Fraga en Cambados. Inicialmente prevérase unha manifestación, que foi prohibida, pero parte da veciñanza amosou cunha "quedada" a súa postura.
Compromiso por Galicia inicia unha "campaña informativa" sobre as súas propostas que arrincará mañá en Ourense, cun "acto central" con Xosé Manuel Pérez Bouza, Teresa Táboas e Xoán Bascuas. Os actos estenderanse ata o día 28 e pasarán polas sete cidades, ademais de por localidades como Cangas do Morrazo, Vilagarcía ou Chantada.
A Gentalha do Pichel é declarada culpable de "obstaculización da vía pública" por colocar unha faixa hai dous anos. Porén, a multa solicitada nun comezo (1.500 euros) polo Concello de Santiago foi rebaixada a 300 euros. O centro social compostelán manifesta o seu "pesar" pola sentenza, detrás da que ve "motivacións políticas".
O novo dispositivo tecnolóxico para a procura do bosón de Higgs estará finalizado no ano 2026. Estará financiado principalmente por Xapón, China e Corea, pero tamén contará coa participación de moitos países europeos, entre eles España.