"Os consumidores españois pagaremos moi caro o rescate", di o presidente de FACUA, que alerta de recortes de dereitos e subas dos impostos indirectos.
Fálase
Malia o rescate á banca española, o Ibex 35 pecha cunha caída do 0,54% e a prima de risco sitúase arredor dos 520 puntos.
A pasada fin de semana diversos colectivos amosaron o seu rexeitamento á colocación dunha estatua de Manuel Fraga en Cambados. Inicialmente prevérase unha manifestación, que foi prohibida, pero parte da veciñanza amosou cunha "quedada" a súa postura.
Compromiso por Galicia inicia unha "campaña informativa" sobre as súas propostas que arrincará mañá en Ourense, cun "acto central" con Xosé Manuel Pérez Bouza, Teresa Táboas e Xoán Bascuas. Os actos estenderanse ata o día 28 e pasarán polas sete cidades, ademais de por localidades como Cangas do Morrazo, Vilagarcía ou Chantada.
A Gentalha do Pichel é declarada culpable de "obstaculización da vía pública" por colocar unha faixa hai dous anos. Porén, a multa solicitada nun comezo (1.500 euros) polo Concello de Santiago foi rebaixada a 300 euros. O centro social compostelán manifesta o seu "pesar" pola sentenza, detrás da que ve "motivacións políticas".
O novo dispositivo tecnolóxico para a procura do bosón de Higgs estará finalizado no ano 2026. Estará financiado principalmente por Xapón, China e Corea, pero tamén contará coa participación de moitos países europeos, entre eles España.
O Instituto Tecnolóxico Empresarial da Coruña acolle este xoves o primeiro encontro Betabeers celebrado en Galicia. O evento poderase coñecer de primeira man as actividades que realizan Igalia, o proxecto nubeOffice (un sistema de Cloud Computing baseado en software libre) ou a iniciativa Galicia en CoWorking
O grupo Prisa pecha Norprensa, a súa rotativa galega con sede en Lugo. Os diarios do grupo pasarán a imprimirse na rotativa de La Voz de Galicia e 31 traballadores quedan sen emprego. En PR Noticias.
A prima de risco española, a pesar de baixar vinte puntos na apertura da xornada, volve repuntar: supera os 510 puntos e o bono sitúase en 6,45%. Tamén sobe con forza o de Italia. De igual xeito, modérase o entusiasmo alcista nas bolsas. O IBEX, que chegou a subir un 6%, xa só suma un 1%
Traballadores de Alcoa inician unha marcha a pé desde A Coruña até Compostela para reclamar un plan industrial que garanta o mantemento da produción e os empregos da factoría coruñesa.