O grupo Prisa pecha Norprensa, a súa rotativa galega con sede en Lugo. Os diarios do grupo pasarán a imprimirse na rotativa de La Voz de Galicia e 31 traballadores quedan sen emprego. En PR Noticias.
Fálase
A prima de risco española, a pesar de baixar vinte puntos na apertura da xornada, volve repuntar: supera os 510 puntos e o bono sitúase en 6,45%. Tamén sobe con forza o de Italia. De igual xeito, modérase o entusiasmo alcista nas bolsas. O IBEX, que chegou a subir un 6%, xa só suma un 1%
Traballadores de Alcoa inician unha marcha a pé desde A Coruña até Compostela para reclamar un plan industrial que garanta o mantemento da produción e os empregos da factoría coruñesa.
Pachi vázquez advirte de que, "con todas as cautelas", ao PSdeG lle están a "chegar rumores de que hoxe hai reunións extraordinarias e urxentes da Consellería de Facenda" vinculadas co rescate. Polo momento "non sabemos que está pasando", di o secretario xeral dos socialistas.
O BNG esixe un referendo sobre o rescate e convoca concentracións cidadás para mañá ás 8 da tarde. Toda a información, nuns minutos en Praza.
Juan Torres (ATTAC) explica as oríxes e causas da actual situación da banca española nun videoblog.
A OCDE recomenda atrasar a idade de xubilación maís aló dos 67 anos e incentivar as pensións privadas, incluso de xeito obrigatorio. Prevé que no futuro hanse reducir os beneficios dos sistemas públicos.
A compravenda de vivendas marca mínimos históricos en Galicia ao caer en abril un 17,44%. Por primeira vez, as operacións baixan de 1.000 no país, segundo datos do INE.
Seis mineiros detidos tras os primeiros cortes de estrada nunha nova xornada de mobilizacións en León.
Onte no Barco de Valdeorras celebrouse unha nova manifestación na defensa da sanidade pública. Veciñanza de Valdeorras, Trives e O Bolo denunciou "a perda de servizos no Hospital Comarcal e na asistencia primaria destas comarcas"