Seis mineiros detidos tras os primeiros cortes de estrada nunha nova xornada de mobilizacións en León.
Fálase
Onte no Barco de Valdeorras celebrouse unha nova manifestación na defensa da sanidade pública. Veciñanza de Valdeorras, Trives e O Bolo denunciou "a perda de servizos no Hospital Comarcal e na asistencia primaria destas comarcas"
A troika controlará o rescate aos bancos españois. O ministro alemán de Finanzas, Wolfgang Schaeuble, asegura que unha misión composta por expertos da Comisión Europea, o BCE e o FMI encargarase de vixiar a reestruturación do sector bancario.
O voceiro da Comisión Europea, Amadeu Altajaf, asegura en TVE que o rescate non supón "condicións adicionais a España en termos de austeridade e reformas económicas".
As protestas dos mineiros volven cortar diferentes autovías de Asturias e León. Están interrumpidas a estrada que une Mieres con Xixón, a A-64 e a autopista que conecta León co Principado.
O sector financeiro calcula que España pedirá 60.000 millóns de axuda a Europa e que se pecharán 13.000 oficinas e se perderán 35.000 postos de traballo.
A prensa internacional, coma o Financial Times ou The Guardian, amósase soprendida con que Rajoy afirme que o rescate é un "éxito".
O Diario de Ferrol salienta na súa portada a masiva mobilización que onte tivo lugar en Ferrol pola supervivencia do sector naval
Joaquín Almunia recalca na Cadena Ser que "por suposto que haberá condicións" para a concesión da axuda económica externa a España. A pesar da resistencia do goberno de Rajoy a revelar estas contrapartidas, a Comisión europea avisa que o crédito se pechará se se incumpre o Pacto de Estabilidade
A Bolsa recibe con alegría o rescate á banca española. Na apertura, sube un 5%. A prima de risco baixa 22 puntos, até os 467 puntos