A troika controlará o rescate aos bancos españois. O ministro alemán de Finanzas, Wolfgang Schaeuble, asegura que unha misión composta por expertos da Comisión Europea, o BCE e o FMI encargarase de vixiar a reestruturación do sector bancario.
Fálase
O voceiro da Comisión Europea, Amadeu Altajaf, asegura en TVE que o rescate non supón "condicións adicionais a España en termos de austeridade e reformas económicas".
As protestas dos mineiros volven cortar diferentes autovías de Asturias e León. Están interrumpidas a estrada que une Mieres con Xixón, a A-64 e a autopista que conecta León co Principado.
O sector financeiro calcula que España pedirá 60.000 millóns de axuda a Europa e que se pecharán 13.000 oficinas e se perderán 35.000 postos de traballo.
A prensa internacional, coma o Financial Times ou The Guardian, amósase soprendida con que Rajoy afirme que o rescate é un "éxito".
O Diario de Ferrol salienta na súa portada a masiva mobilización que onte tivo lugar en Ferrol pola supervivencia do sector naval
Joaquín Almunia recalca na Cadena Ser que "por suposto que haberá condicións" para a concesión da axuda económica externa a España. A pesar da resistencia do goberno de Rajoy a revelar estas contrapartidas, a Comisión europea avisa que o crédito se pechará se se incumpre o Pacto de Estabilidade
A Bolsa recibe con alegría o rescate á banca española. Na apertura, sube un 5%. A prima de risco baixa 22 puntos, até os 467 puntos
Fútbol sala. O Burela perdeu o partido de desempate na casa do Martorell (5-1) e fica fóra da final da fase de ascenso á División de Honra, que será disputada polo verdugo do equipo galego e máis polo Marfil de Santa Coloma.
Esta gráfica interactiva de France TV permite seguir en directo os resultados da primeira volta das eleccións lexislativas francesas. A suma do PS e outras forzas de esquerda continúa en cabeza.