O Diario de Ferrol salienta na súa portada a masiva mobilización que onte tivo lugar en Ferrol pola supervivencia do sector naval
Fálase
Joaquín Almunia recalca na Cadena Ser que "por suposto que haberá condicións" para a concesión da axuda económica externa a España. A pesar da resistencia do goberno de Rajoy a revelar estas contrapartidas, a Comisión europea avisa que o crédito se pechará se se incumpre o Pacto de Estabilidade
A Bolsa recibe con alegría o rescate á banca española. Na apertura, sube un 5%. A prima de risco baixa 22 puntos, até os 467 puntos
Fútbol sala. O Burela perdeu o partido de desempate na casa do Martorell (5-1) e fica fóra da final da fase de ascenso á División de Honra, que será disputada polo verdugo do equipo galego e máis polo Marfil de Santa Coloma.
Esta gráfica interactiva de France TV permite seguir en directo os resultados da primeira volta das eleccións lexislativas francesas. A suma do PS e outras forzas de esquerda continúa en cabeza.
As primeiras sondaxes, como a de Le Monde, danlle a vitoria á esquerda nas eleccións lexislativas francesas
O portal GZ Vídeos amosa, nunha crónica audiovisual, algúns dos momentos máis destacados da manifestación contra a Lei de Montes, celebrada onte en Santiago
A conta da ministra de Emprego en Twitter sinala que a aparición na mesma dunha mensaxe resultante de empregar un videoxogo foi por mor dunha "travesura infantil"
O fiscal de Medio Ambiente ve moi posible o arquivo da causa polo incendio das Fragas do Eume. Ao contrario do afirmado pola Xunta en reiteradas ocasións, todo semella indicar que o lume comezou nunha cabicha, explicoulle Álvaro García Ortiz a Europa Press.
O Twitter da ministra de Emprego reflectiu esta mañá que Fátima Báñez se atopaba xogando a un popular videoxogo. Pouco despois, o tweet desapareceu da súa liña de tempo, entre chanzas dos usuarios desta rede social.