Juan Torres (ATTAC) explica as oríxes e causas da actual situación da banca española nun videoblog.
Fálase
A OCDE recomenda atrasar a idade de xubilación maís aló dos 67 anos e incentivar as pensións privadas, incluso de xeito obrigatorio. Prevé que no futuro hanse reducir os beneficios dos sistemas públicos.
A compravenda de vivendas marca mínimos históricos en Galicia ao caer en abril un 17,44%. Por primeira vez, as operacións baixan de 1.000 no país, segundo datos do INE.
Seis mineiros detidos tras os primeiros cortes de estrada nunha nova xornada de mobilizacións en León.
Onte no Barco de Valdeorras celebrouse unha nova manifestación na defensa da sanidade pública. Veciñanza de Valdeorras, Trives e O Bolo denunciou "a perda de servizos no Hospital Comarcal e na asistencia primaria destas comarcas"
A troika controlará o rescate aos bancos españois. O ministro alemán de Finanzas, Wolfgang Schaeuble, asegura que unha misión composta por expertos da Comisión Europea, o BCE e o FMI encargarase de vixiar a reestruturación do sector bancario.
O voceiro da Comisión Europea, Amadeu Altajaf, asegura en TVE que o rescate non supón "condicións adicionais a España en termos de austeridade e reformas económicas".
As protestas dos mineiros volven cortar diferentes autovías de Asturias e León. Están interrumpidas a estrada que une Mieres con Xixón, a A-64 e a autopista que conecta León co Principado.
O sector financeiro calcula que España pedirá 60.000 millóns de axuda a Europa e que se pecharán 13.000 oficinas e se perderán 35.000 postos de traballo.
A prensa internacional, coma o Financial Times ou The Guardian, amósase soprendida con que Rajoy afirme que o rescate é un "éxito".