Pontevedra Viva conta a historia de Susana, unha pontevedresa desafiuzada que agora ten que durmir no sofá dunha veciña
Pontevedra Viva conta a historia de Susana, unha pontevedresa desafiuzada que agora ten que durmir no sofá dunha veciña
La Voz afirma que o Concello de Santiago falseou un informe para inculpar a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, na operación Pokémon e descargar de responsabilidades o alcalde Ángel Currás. Currás declara este xoves ante a xuíza Pilar de Lara en Lugo.
Unha xuiza de Cambados obriga a NCG a devolver 20.000 euros a un titular de preferentes porque o cliente non recibiu unha información axeitada. Mentres, PP e PSOE chegan a un acordo para crear unha comisión pública que supervise os procesos de arbitraxe.
CiU, ERC, PSC, ICV e CUP reuniranse este venres para achegar posturas sobre a declaración de soberania presentada inicialmente en solitario por CiU e ERC
O SPD afunde nas enquisas a oito meses das eleccións alemás de setembro. O partido liderado por Steinbruck fica nun 23% de intención de voto, moi lonxe do 43% que as sondaxes lle dan á CDU/CSU de Merkel. Os verdes terian un 14% e a Esquerda un 8%.
Ducias de familias arruinadas pola crise toman 70 chalés que unha promotora abandonou en Valdemoro: “Okupamos as casas pero non somos vagos. Antes eramos a clase media”
O Partido Popular di no saber nada sobre as contas en Suiza do seu ex tesoureiro, Luis Bárcenas. Carlos Floriano afirma que as responsabilidades políticas xa se asumiron e que Bárcenas xa non ten "nada que ver" co partido.
A esta hora o PP conmemora o cabodano de Manuel Fraga cunha misa de funeral en Compostela
O FIV (Festival Independente de Vilalba) completa o seu cartel. Os 22 e 23 de marzo o primeiro festival do ano reunirá a Delorean, La Casa Azul, La Habitación Roja, Nudozurdo, Supersubmarina ou Hola a todo el mundo
Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Valencia abre a porta ao retorno das emisións da catalá TV3 ao territorio da Comunitat Valenciana. En Vilaweb