O FIV (Festival Independente de Vilalba) completa o seu cartel. Os 22 e 23 de marzo o primeiro festival do ano reunirá a Delorean, La Casa Azul, La Habitación Roja, Nudozurdo, Supersubmarina ou Hola a todo el mundo
O FIV (Festival Independente de Vilalba) completa o seu cartel. Os 22 e 23 de marzo o primeiro festival do ano reunirá a Delorean, La Casa Azul, La Habitación Roja, Nudozurdo, Supersubmarina ou Hola a todo el mundo
Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Valencia abre a porta ao retorno das emisións da catalá TV3 ao territorio da Comunitat Valenciana. En Vilaweb
Imputados dous ex concelleiros socialistas de Ferrol por supostas contratacións irregulares a Parquets Albanese. O xuíz tamén imputa o actual e o anterior interventor municipal, dous aparelladores e a propia empresa. Ángel Mato e Gerardo López son os ex concelleiros implicados na operación Torre. Cóntao Europa Press.
O xuiz da Audiencia Nacional Pablo Ruz acha en Suiza unha conta do ex tesoureiro do PP, Luis Bárcenas, con 15 millóns de euros. Este investigación realizase no marco do caso Gürtel.
Ana Pontón denuncia a parálise da programación musical e escénica en Galicia e pregunta cando será nomeado o novo director ou directora de Agadic. A deputada do BNG insta á Xunta a convocar con “carácter de urxencia” a programación para o primeiro semestre 2013
España é o país no que máis descendeu o investimento en enerxías renovables. En 2012 caeu nun 68%. España chegou a ser líder mundial no desenvolvemento destas enerxías.
Xosé Manuel Sánchez Aguión presentará a súa candidatura para "un segundo e derradeiro mandato" no X Congreso do sindicato nacional de CC.OO. de Galicia, que se celebrará os vindeiros 24 e 25 de xaneiro
Llamazares proporá a Baltasar Garzón como candidato de IU ás europeas. Suxire "primarias cidadás" para que as candidaturas da coalición se elixan desde fóra do partido. Cóntao El Diario.
Mozos maniféstanse nas cidades galegas contra o paro xuvenil e a emigración. A CIG denuncia a precaria situación da mocidade galega con protestas ante os edificios administrativos da Xunta. Imaxe de @anaponton.
Laura Bugalho abandona entre aplausos os xulgados de Compostela despois de prestar declaración. O numeroso público que se congregou para apoiala berra "moitas Lauras precisa este país".