Llamazares proporá a Baltasar Garzón como candidato de IU ás europeas. Suxire "primarias cidadás" para que as candidaturas da coalición se elixan desde fóra do partido. Cóntao El Diario.
Llamazares proporá a Baltasar Garzón como candidato de IU ás europeas. Suxire "primarias cidadás" para que as candidaturas da coalición se elixan desde fóra do partido. Cóntao El Diario.
Mozos maniféstanse nas cidades galegas contra o paro xuvenil e a emigración. A CIG denuncia a precaria situación da mocidade galega con protestas ante os edificios administrativos da Xunta. Imaxe de @anaponton.
Laura Bugalho abandona entre aplausos os xulgados de Compostela despois de prestar declaración. O numeroso público que se congregou para apoiala berra "moitas Lauras precisa este país".
Josep Antoni Durán i Lleida nega que existise financiamento irregular de Unió Democrática de Catalunya e por iso se nega a dimitir. Afírmao nunha entrevista na Cadena SER
A inflación lévase por diante 43.000 millóns en salarios, pensións, depósitos e dividendos. A caída da renda dispoñible imposibilita o crecemento económico, tal e como conta Cinco Días.
Segue chegando xente ás portas dos xulgados de Compostela para apoiar a Laura Bugalho
Mércores de mobilizacións. Ás once e media os afectados polas preferentes realizarán unha concentración na Coruña. E pola tarde, entre as 18 e as 19, o persoal de Bankia fará o mesmo en Santiago de Compostela
Ducias de persoas acompañan a Laura Bugalho na súa entrada nos xulgados para declarar na causa aberta contra ela. Unha forte mostra de solidariedade con berros de "Na Galiza ninguén é extranxeiro". Foto de @rubencela
Nuns minutos Laura Bugalho está chamada a declarar nos xulgados de Compostela. A Fiscalía pide de 3 a 6 anos por falsidade documental continuada. En 2009 foi detida polo seu labor de axuda a persoas migrantes, nun proceso inzado de irregularidades. Centos de colectivos defenden a súa inocencia.
O PP da Coruña cualifica de "irresponsabilidade" propoñer o software libre na administración. O BNG presentou unha moción para aforrar máis de medio millón de euros ao ano en licencias pero a segunda tenente alcalde, Rosa Gallego, asegurou que o software privado “non crea dependencia” e que o seu uso “beneficia a empresas galegas”.