Ducias de persoas acompañan a Laura Bugalho na súa entrada nos xulgados para declarar na causa aberta contra ela. Unha forte mostra de solidariedade con berros de "Na Galiza ninguén é extranxeiro". Foto de @rubencela
Ducias de persoas acompañan a Laura Bugalho na súa entrada nos xulgados para declarar na causa aberta contra ela. Unha forte mostra de solidariedade con berros de "Na Galiza ninguén é extranxeiro". Foto de @rubencela
Nuns minutos Laura Bugalho está chamada a declarar nos xulgados de Compostela. A Fiscalía pide de 3 a 6 anos por falsidade documental continuada. En 2009 foi detida polo seu labor de axuda a persoas migrantes, nun proceso inzado de irregularidades. Centos de colectivos defenden a súa inocencia.
O PP da Coruña cualifica de "irresponsabilidade" propoñer o software libre na administración. O BNG presentou unha moción para aforrar máis de medio millón de euros ao ano en licencias pero a segunda tenente alcalde, Rosa Gallego, asegurou que o software privado “non crea dependencia” e que o seu uso “beneficia a empresas galegas”.
Madrid aférrase ao euro por receta a pesar da suspensión en Catalunya. Á espera de que o Goberno presente un recurso, o Executivo de Ignacio González seguirá cobrándoo
Tenerife declara “non grata” a Bankia por no respectar os acuerdos con dous desafiuzados. Pero o Concello tampouco paga o aluguer social prometido
Facenda ponlles obstáculos aos mellores centros de investigación. A necesidade de informes preceptivos de Facenda para conceder axudas á I+D agravan as dificultades económicas de científicos e institucións
Rajoy non acudirá ao congreso do PPdeG esta fin de semana, que reelixirá a Feijóo como líder. Enviará a María Dolores de Cospedal. En El País
Esquerda Unida pide eleccións anticipadas en Santiago de Compostela. EU considera "máis que evidente" que, cando aínda non se cumpriron dous anos de lexislatura, "a nefasta xestión política, social e económica do Partido Popular está a provocar graves problemas no benestar dos veciños"
Peche no hospital Xeral de Vigo contra a privatización da sanidade. Un grupo de traballadores encérrase no vestíbulo do centro para protestar contra os recortes e a privatización dalgúns servizos. Máis información, esta tarde en Praza.
O ex conselleiro de Sanidade de Madrid, Juan José Güemes, dimite do seu cargo na empresa privada Unilabs, que se fixo coa privatización de análises clínicos en centros sanitarios da rexión cando el estaba no Goberno de Esperanza Aguirre. En El Diario.