Peche no hospital Xeral de Vigo contra a privatización da sanidade. Un grupo de traballadores encérrase no vestíbulo do centro para protestar contra os recortes e a privatización dalgúns servizos. Máis información, esta tarde en Praza.
Peche no hospital Xeral de Vigo contra a privatización da sanidade. Un grupo de traballadores encérrase no vestíbulo do centro para protestar contra os recortes e a privatización dalgúns servizos. Máis información, esta tarde en Praza.
O ex conselleiro de Sanidade de Madrid, Juan José Güemes, dimite do seu cargo na empresa privada Unilabs, que se fixo coa privatización de análises clínicos en centros sanitarios da rexión cando el estaba no Goberno de Esperanza Aguirre. En El Diario.
O BNG levará as actuacións irregulares do caso 'Relámpago' ao Tribunal de Contas, tal e como aclara o seu portavoz na Coruña, Xosé Manuel Carril.
Novagalicia e os sindicatos emprázanse a novas reunións para negociar o ERE. Non houbo avances e Castellano asegura que tratará de preservar o maior número de empregos en Galicia.
O goberno valenciano perde a batalla xudicial para pechar TV3 na comunidade. O Tribunal Superior de Justícia vén de resolver a favor de Acció Cultural del País Valencià (ACPV) o seu recurso contra a terceira multa de 300.000 euros da Generalitat
O Tribunal Constitucional suspende o euro por receita en Cataluña. O Goberno central tamén recorreu a mesma medida imposta pola Comunidade de Madrid. Cóntao El Diario.
Traballadores de Novagalicia concéntranse ante as oficinas da entidade onde se reanudan as negociacións dos plans de reestruturación que prevén 2.500 despidos.
Un dos novos membros do Comité de Bioética considera a homosexualidade "irregular e desordenada". Varios destes membros empregan a ciencia para atacar a investigación con células nai.
A inflación pecha 2012 rozando o 3% no Estado e queda no 2,6% en Galicia, segundo os datos do INE.
Wert suspende unha conferencia en Sevilla ante unha protesta masiva de estudantes, que o recibiron con berros de "Wert escucha, Sevilla está en la lucha" ou "Esto nos pasa por un Gobierno facha".