Traballadores de Novagalicia concéntranse ante as oficinas da entidade onde se reanudan as negociacións dos plans de reestruturación que prevén 2.500 despidos.
Fálase
Un dos novos membros do Comité de Bioética considera a homosexualidade "irregular e desordenada". Varios destes membros empregan a ciencia para atacar a investigación con células nai.
A inflación pecha 2012 rozando o 3% no Estado e queda no 2,6% en Galicia, segundo os datos do INE.
Wert suspende unha conferencia en Sevilla ante unha protesta masiva de estudantes, que o recibiron con berros de "Wert escucha, Sevilla está en la lucha" ou "Esto nos pasa por un Gobierno facha".
A morte de Aaron Swartz volve poñer sobre a mesa a necesidade do Open Data na investigación científica: "as investigacións sufragadas con fondos públicos deberían ser de acceso libre e universal a través da rede, algo que en Estados Unidos se solicitou formalmente ao goberno e que, por exemplo, no Reino Unido será obrigatorio a partir do ano 2014"
Mega, sucesor de Megaupload, lanzarase este venres cunha capacidade de 50 Gb para cada usuario.
CiU e ERC eliminan a referencia ao Estado propio no texto soberanista e o PSC propón un prazo de dous anos para negociar a consulta. Pola súa banda a CUP rexistrou no Parlament a súa propia declaración de soberanía
20 Minutos lanza Gonzoo, un portal de novas para xente nova. Con elementos de rede social empresta especial atención aos contidos de ocio e á participación.
Anonymous tomba as webs do MIT e do Departamento de Xustiza como tributo a Aaron Swartz
Unha serie de obradoiros arrouparán a celebración do 10º aniversario da Galipedia. Pobra do Caramiñal, Narón, Lalín e Ribadeo acollerán obradoiros de edición en creación de contidos na Wikipedia en galego.