CiU e ERC eliminan a referencia ao Estado propio no texto soberanista e o PSC propón un prazo de dous anos para negociar a consulta. Pola súa banda a CUP rexistrou no Parlament a súa propia declaración de soberanía
Fálase
20 Minutos lanza Gonzoo, un portal de novas para xente nova. Con elementos de rede social empresta especial atención aos contidos de ocio e á participación.
Anonymous tomba as webs do MIT e do Departamento de Xustiza como tributo a Aaron Swartz
Unha serie de obradoiros arrouparán a celebración do 10º aniversario da Galipedia. Pobra do Caramiñal, Narón, Lalín e Ribadeo acollerán obradoiros de edición en creación de contidos na Wikipedia en galego.
O presidente da Xunta e a presidenta do Parlamento participarán mañá en Madrid na colocación dun busto de Fraga nun corredor do Senado, segundo veñen de confirmar ambas institucións.
Esperanza Aguirre abandona o seu posto de funcionaria para ser cazatalentos dunha empresa catalá. Cóntao a Cadena SER
O Círculo de Empresarios advirte de que Galicia "pagará moi caro" a desaparición de Novagalicia. Nas súas propostas para a lexislatura, reclama a fusión de concellos porque "sobran 200" no país.
Nace Vituin, unha nova rede social galega e en galego.
Esta madrugada faleceu en Ourense José Posada, empresario fundador de Marrón Glacé S.L. e que tamén desenvolveu unha importante actividade politica, grazas á que foi eurodeputado por Coalición Galega en dúas ocasións nos anos 90. Participou moi activamente noutros ámbitos e por exemplo foi o principal impulsor da Irmandade dos Vinhos Galegos.
A fiscalía da Audiencia Nacional cualifica como crimes de guerra e de lesa humanidade o ataque realizado en 2010 por Israel á Flotilla da Liberdade. O fiscal pidelle ao Tribunal Penal Internacional que investigue Israel e cre que o Goberno español debe denunciar o asalto.