A inflación pecha 2012 rozando o 3% no Estado e queda no 2,6% en Galicia, segundo os datos do INE.
Fálase
Wert suspende unha conferencia en Sevilla ante unha protesta masiva de estudantes, que o recibiron con berros de "Wert escucha, Sevilla está en la lucha" ou "Esto nos pasa por un Gobierno facha".
A morte de Aaron Swartz volve poñer sobre a mesa a necesidade do Open Data na investigación científica: "as investigacións sufragadas con fondos públicos deberían ser de acceso libre e universal a través da rede, algo que en Estados Unidos se solicitou formalmente ao goberno e que, por exemplo, no Reino Unido será obrigatorio a partir do ano 2014"
Mega, sucesor de Megaupload, lanzarase este venres cunha capacidade de 50 Gb para cada usuario.
CiU e ERC eliminan a referencia ao Estado propio no texto soberanista e o PSC propón un prazo de dous anos para negociar a consulta. Pola súa banda a CUP rexistrou no Parlament a súa propia declaración de soberanía
20 Minutos lanza Gonzoo, un portal de novas para xente nova. Con elementos de rede social empresta especial atención aos contidos de ocio e á participación.
Anonymous tomba as webs do MIT e do Departamento de Xustiza como tributo a Aaron Swartz
Unha serie de obradoiros arrouparán a celebración do 10º aniversario da Galipedia. Pobra do Caramiñal, Narón, Lalín e Ribadeo acollerán obradoiros de edición en creación de contidos na Wikipedia en galego.
O presidente da Xunta e a presidenta do Parlamento participarán mañá en Madrid na colocación dun busto de Fraga nun corredor do Senado, segundo veñen de confirmar ambas institucións.
Esperanza Aguirre abandona o seu posto de funcionaria para ser cazatalentos dunha empresa catalá. Cóntao a Cadena SER