Josep Antoni Durán i Lleida nega que existise financiamento irregular de Unió Democrática de Catalunya e por iso se nega a dimitir. Afírmao nunha entrevista na Cadena SER
Josep Antoni Durán i Lleida nega que existise financiamento irregular de Unió Democrática de Catalunya e por iso se nega a dimitir. Afírmao nunha entrevista na Cadena SER
A inflación lévase por diante 43.000 millóns en salarios, pensións, depósitos e dividendos. A caída da renda dispoñible imposibilita o crecemento económico, tal e como conta Cinco Días.
Segue chegando xente ás portas dos xulgados de Compostela para apoiar a Laura Bugalho
Mércores de mobilizacións. Ás once e media os afectados polas preferentes realizarán unha concentración na Coruña. E pola tarde, entre as 18 e as 19, o persoal de Bankia fará o mesmo en Santiago de Compostela
Ducias de persoas acompañan a Laura Bugalho na súa entrada nos xulgados para declarar na causa aberta contra ela. Unha forte mostra de solidariedade con berros de "Na Galiza ninguén é extranxeiro". Foto de @rubencela
Nuns minutos Laura Bugalho está chamada a declarar nos xulgados de Compostela. A Fiscalía pide de 3 a 6 anos por falsidade documental continuada. En 2009 foi detida polo seu labor de axuda a persoas migrantes, nun proceso inzado de irregularidades. Centos de colectivos defenden a súa inocencia.
O PP da Coruña cualifica de "irresponsabilidade" propoñer o software libre na administración. O BNG presentou unha moción para aforrar máis de medio millón de euros ao ano en licencias pero a segunda tenente alcalde, Rosa Gallego, asegurou que o software privado “non crea dependencia” e que o seu uso “beneficia a empresas galegas”.
Madrid aférrase ao euro por receta a pesar da suspensión en Catalunya. Á espera de que o Goberno presente un recurso, o Executivo de Ignacio González seguirá cobrándoo
Tenerife declara “non grata” a Bankia por no respectar os acuerdos con dous desafiuzados. Pero o Concello tampouco paga o aluguer social prometido
Facenda ponlles obstáculos aos mellores centros de investigación. A necesidade de informes preceptivos de Facenda para conceder axudas á I+D agravan as dificultades económicas de científicos e institucións