Dúas homenaxes lembran este mércores a Ánxel Casal no 79º aniversario do seu asasinato. A primeira, organizada polo BNG, celébrase ás 12:30 na rúa do Vilar de Compostela, onde se atopaba a Editorial Nós. A segunda é a homenaxe institucional organizada polo Concello de Teo ás 20:00 en Cacheiras, no lugar do asasinato, na que tamén participarán os alcaldes de Santiago, A Coruña e Arzúa.
