A CIG celebrará a súa mobilización central do 1º de maio na Coruña baixo o lema Por emprego digno, non ás políticas económicas e laborais do Partido Popular. Esta manifestación partirá da Praza de Vigo ás doce do mediodía. No resto das cidades as convocatorias son as seguintes:
Vigo, 12 horas. Cruce da Doblada
Pontevedra, 11:30 horas. Praza da Ferrería
Ferrol, 12 horas. Avda. de Esteiro (local da CIG)
Santiago, 12:30. Praza Roxa
Lugo, 12:30. Ronda da Muralla (edificio sindical)
Ourense, 12:30. Pavillón dos Remedios
Ribeira, 12 horas. Praza do Peixe
Mondoñedo, 12:30. Diante da ECAR
Vilagarcía, 12 horas. Casa do Mar
A Estrada, 12 horas. Praza do Concello