IKEA puido utilizar presos políticos da RDA nos anos 70 e 80 como traballadores forzosos, segundo unha reportaxe da televisión sueca STV
Fálase
A campaña #novullpagar prepara unha acción masiva hoxe ao mediodía en catorce peaxes de Catalunya. O Goberno catalán di que "entende" a protesta, non enviará a polícía e pásalle a responsabilidade ás concesionarias das autoestradas.
A enerxía eólica cubriu máis dunha cuarta parte da demanda de enerxía no Estado español en abril (25,7%). Máis de 5.000 GWh que evitaron a emisión de 1,98 millóns de toneladas de CO2.
"É o momento de recuperar o 1º de maio". Varios analistas reflexionan en Público sobre a necesidade de que esta xornada de reivindicación gañe valor
Pelos na lingua (Talía Teatro), Premio Max ao mellor autor teatral en galego, para Avelino González, Artur Trillo e María Ordóñez. Blanca Portillo e Miguel del Arco foron os grandes triunfadores da noite con La avería e Veraneantes.
Como era Carnota en 1956? A Asociación Monte Pindo Parque Natural publica no seu blog unha fotografía aérea realizada polo exército norteamericano a finais dos anos 50
A Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) convoca concentracións o xoves 3 de maio (día mundial da liberdade de prensa) en 43 cidades de todo o Estado en protesta contra a precariedade, a convocatoria de rodas de prensa sen dereito a preguntas e el uso político de concesións de publicidade institucional ou de licenzas de radio e televisión. En Galicia hai convocatorias na Coruña (12 horas, Obelisco), Lugo (20 horas, Museo Provincial) e Compostela (12 horas, diante da Facultade de Xornalismo).
O Goberno estudan un plan para que os funcionarios non cobren todo o soldo cando estean de baixa. "O absentismo produce un prexuízo ás arcas públicas de imposible xustificación", argumenta o Programa de Estabilidade 2012-15 entregado hoxe a Bruxelas.
Máis Galiza tentará entregarlle ao ministro alemán de Finanzas, Wolfang Shchaüble, un libro sobre Keynes para simbolizar que afondando só na "austeridade" Europa só logrará "máis paro, máis desigualdade e máis destrución de riqueza".
Bruxelas recibe os plans de estabilidade e de reformas do Goberno central. A páxina web da Comisión publica os documentos, de máis de 350 páxinas, que inclúen a previsión de 8.000 millóns de euros de ingresos adicionais en 2013. A web da Moncloa tamén publica os informes.