Bruxelas recibe os plans de estabilidade e de reformas do Goberno central. A páxina web da Comisión publica os documentos, de máis de 350 páxinas, que inclúen a previsión de 8.000 millóns de euros de ingresos adicionais en 2013. A web da Moncloa tamén publica os informes.
Fálase
Vigo gaña o Campionato de España Universitario de Taekwondo; obtivo tres ouros, unha prata e un bronce.
De Guindos insta a esperar a setembro para analizar "alternativas disponibles" para NCG Banco, que cre que "seguirá xogando un papel importante" no apoio á economía galega.
O ministerio de Defensa británico baralla a idea de instalar misiles en edificios de vivendas de Londres para "mellorar a seguridade" de cara á celebración dos Xogos Olímpicos este verán.
O Consello Xeral da Avogacía Española (CGAE) alerta de que a limitación do dereito á saúde para as persoas migrantes sen regularizar, ditado polo Goberno nun Decreto-lei, "colisiona" coa Constitución e varios estatutos de autonomía.
O ministro alemán de Finanzas louva en Compostela os "impresionantes" recortes de Rajoy. De Guindos asegura que eses axustes non son incompatibles co crecemento económico, senón que son necesarios para conseguilo. Toda a información, esta tarde en Praza.
Baleares pecha dous hospitais e derivará os pacientes á sanidade privada. En Aragón desaparece o aborto gratuíto, xa que as clínicas que prestaba este servizo deixarán de facelo, por mor dos impagos do goberno de Luisa Fernanda Rudi
Unha familia de Mos que pode ser expulsada da súa casa polo Banco Popular urxe unha resposta da entidade financeira a só catro días que que expire o prazo dado para o pago da súa débeda hipotecaria
O festival de cinema de Ourense, no aire pola falta de apoio da Deputación. A ausencia dos membros do ente provincial no pleno do Consello Reitor do festival e a súa decisión de abandonar o Consorcio de forma unilateral “condiciona xurídica e economicamente a celebración do OUFF”, segundo a concelleira de Cultura da cidade, Isabel Pérez.
Toxo e Méndez critican ao Goberno por aplicar reformas "con resultados nefastos" e lémbranlle a Rajoy que, fronte ao conflito social, "é preferible un escenario de acordo". Os secretarios xerais de CCOO e UGT, nunha entrevista en TVE, cren que o presidente non os recibe porque "non sabe" que dicirlles.