Un tiroteo con armas de perdigóns no polígono compostelán de Costa Vella deixa cando menos unha persoa ferida por golpes. Recólleo La Voz
Fálase
Rajoy cre "contra natura" un pacto de esquerdas e reitera a petición de que o PSOE o apoie para seguir gobernando. Afirmouno en Zamora, onde viaxou na liña de tren inaugurada en vésperas das eleccións que será parte do AVE a Galicia e que, di Rajoy, chegará "a Orense".
ÚLTIMA HORA Xavier Vence confirma que non optará á reelección como portavoz nacional do BNG. Toda a información sobre o Consello Nacional do Bloque, que este sábado aborda o calendario da Asemblea do 28 de febreiro, hoxe en Praza.
20 persoas morren nun atentado de Al Qaeda nunha cafetaría e un hotel da capital de Burkina Faso
O PP ataca a formación de grupos de ERC e Democràcia i Llibertat no Senado mentres os facilita no Congreso. O xornalista Fernando Garea explica neste artigo as cesións de escanos e outras flexibilizacións do Regulamento.
O ex alcalde de Ourense Manuel Cabezas (PP), citado como investigado -antiga imputación- por non esixir a promotores inmobiliarios cesións de solo con fins públicas. Cóntao Faro de Vigo
As mareas municipalistas abordan este sábado na Estrada as posibles confluencias para as eleccións galegas. A información, hoxe en Praza.
A fabricación de valados de fronteiras é cada vez máis rendible en Europa. Un cento de empresas do sector cítanse en Núremberg en plena expasión do seu negocio pola crise das persoas refuxiadas e o medo ao terrorismo. É unha reportaxe de The Guardian en eldiario.es
Ciudadanos pide ensinar galego nas escolas andaluzas tras esixir a fin do seu rango oficial no Concello de Ferrol
A xuíza da Operación Zeta cita 25 persoas máis como investigadas -antigas imputadas- na trama de presunta fraude de subvencións, entre elas dous cargos da Xunta. Máis información, esta tarde en Praza.