ÚLTIMA HORA Xavier Vence confirma que non optará á reelección como portavoz nacional do BNG. Toda a información sobre o Consello Nacional do Bloque, que este sábado aborda o calendario da Asemblea do 28 de febreiro, hoxe en Praza.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/569a3fb631b77-54f471fa6f407-vence-rolda-prensa3.jpg)
ÚLTIMA HORA Xavier Vence confirma que non optará á reelección como portavoz nacional do BNG. Toda a información sobre o Consello Nacional do Bloque, que este sábado aborda o calendario da Asemblea do 28 de febreiro, hoxe en Praza.
20 persoas morren nun atentado de Al Qaeda nunha cafetaría e un hotel da capital de Burkina Faso
O PP ataca a formación de grupos de ERC e Democràcia i Llibertat no Senado mentres os facilita no Congreso. O xornalista Fernando Garea explica neste artigo as cesións de escanos e outras flexibilizacións do Regulamento.
O ex alcalde de Ourense Manuel Cabezas (PP), citado como investigado -antiga imputación- por non esixir a promotores inmobiliarios cesións de solo con fins públicas. Cóntao Faro de Vigo
As mareas municipalistas abordan este sábado na Estrada as posibles confluencias para as eleccións galegas. A información, hoxe en Praza.
A fabricación de valados de fronteiras é cada vez máis rendible en Europa. Un cento de empresas do sector cítanse en Núremberg en plena expasión do seu negocio pola crise das persoas refuxiadas e o medo ao terrorismo. É unha reportaxe de The Guardian en eldiario.es
Ciudadanos pide ensinar galego nas escolas andaluzas tras esixir a fin do seu rango oficial no Concello de Ferrol
A xuíza da Operación Zeta cita 25 persoas máis como investigadas -antigas imputadas- na trama de presunta fraude de subvencións, entre elas dous cargos da Xunta. Máis información, esta tarde en Praza.
A PAH de Vigo-Tui e Os Ninguéns levarán a cabo o vindeiro luns pola mañá unha concentración diante do edifico dos xulgados de Vigo para esixir solucións á grave situación das varias familias que na cidade están ameazadas de desafiuzamento. O acto está apoiado por outras entidades, coma a Asociación Veciñal de Teis
O presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, pídelle a España que forme "o antes posible" un "goberno estable" e que estea "á altura"